Skip to Content

Rally solidario con Marrocos

varias imaxes do rally

A pasada semana chegaron de percorrer máis de 4000 kms nun rally solidario seis integrantes entre os que se atopaban dous profesores do IES A Sangriña, Domingo Caldevilla e Luís Carballido. Este rally, que se levou a cabo entre o día 27 de decembro e o 4 de xaneiro, tiña como finalidade facer chegar material escolar ás nenas e nenos das zonas máis desfavorecidas de Marrocos.

En colaboración coa asociación Conrazones, o Departamento de Automoción do noso centro revisou e preparou os vehículos utilizados na travesía para poder soportar as condicións extremas de condución. O bo traballo dos alumnos na preparación dos vehículos fixo que todo transcorrese con total normalidade, sen ningún problema mecánico en toda a viaxe.

A ruta comezou na Guarda camiño Tarifa, e de alí a Tánxer ata Errachidia, atravesando numerosos poboados e tamén as dunas de Merzouga, lugar de extrema dureza para máquinas e pilotos. En total repartiron mais de 300 kg de material escolar e roupa así como lentes de visión para nenas e nenos dos diversos colexios que visitaron.



story | by Dr. Radut