Este ano de pandemia queremos destacar o efecto positivo das flores sobre o estado de ánimo das persoas. Así, partindo da premisa e da importancia do autocoidado e do coidado das persoas que máis queremos, o alumnado de segundo curso de Fp básica de Agroxardinaría e floraría, realizarán a creación de ramos florais para o vindeiro San Valentín, o día 14 de febreiro.
Pódense ver as condició para realizar os pedidos no cartel adxunto, realizado nas clases baixo a direción da profesora Pichel.
As creacións con flores e plantas, promoción e ventas forman parte do currículo deste ciclo formativo.