O alumnado de 1º de bacharelato continúa completando a súa formación teórica de bioloxía coas experiencias prácticas de laboratorio. Neste caso tocou a observación de hifas de fungos de Penicillium. Picando na seguinte imaxe poderedes observar algunhas das fotografías realizadas durante a actividade, así como algunhas das mostras visualizadas.