Skip to Content

Taboleiro

PROPOSTA DIDÁCTICA BILINGÜE: SECCIÓN BILINGÜE EN FÍSICA E QUÍMICA 3º ESO

No enlace adxunto está a Unidade Didáctica creada para impartir este curso o 2º bloque de Física e Química de 3º ESO: Reaccións Químicas.

Información sobre servizos mínimos de transporte escolar os días 20 e 21 de xuño de 2017

A dirección do IES Arcebispo Xelmírez II comunica ás familias do alumnado usuario do transporte escolar que, as empresas que prestan o servizo nas liñas contratadas para o centro, informaron na mañán de hoxe, día 20 de xuño, que non poden garantir o cumprimento do servizos mínimos. Deste modo, suspéndense (ou alomenos non se garanten) os seguintes servizos:

Día 20

- Recollida no centro ás 14:10

- Chegada ao centro ás 16:20

- Saída do centro ás 18:00

 

Día 21:

- Chegada ao centro ás 8:30

- Saída do centro ás 14:10

 

Información sobre servizos mínimos de transporte escolar os días 20 e 21 de xuño de 2017, con ocasión da folga convocada no sector do transporte de viaxeiros por estrada

Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios.de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO CENTRO

En virtude da Instrución 7/2017, do 130 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U., e da folla de especificacións técnicas e condicións xuntas; así como da lexislación vixente aplicable, a Dirección do IES Arcebispo Xelmírez II

Convoca

Procedemento de contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do citado centro.

III Semana I+I+D

Poñemos en marcha o noso Club de Ciencia: "ImAXIInacción"

Hoxe recibimos a confirmación de que o noso centro resultou seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar no programa piloto de innovación educativa "Club de Ciencia".

Sobre o libro de texto de "Valores éticos"

 

O libro de texto de Valores Éticos, de Antonio Pascual Rodríguez Grau e outros autores, do Proyecto Educa, con ISBN 978 - 84 - 606 - 8963 – 8 úsase en 1º, 2º e 3º de ESO, de modo que quen o teña mercado en 1º, pode consérvalo nos dous cursos seguintes.

Participación do Departamento de Filosofía na grabación dun vídeo de apoio ás persoas refuxiadas

A sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional, que sempre, sempre, conta con nós, invitounos a intervir nun proxecto consistente nun vídeo de apoio ás persoas que vense obrigadas a fuxir dos seus fogares, das súas paisaxes, das súas rúas, dous seus olores, das súas comidas, das súas vidas. 

Pedimos colaboración a outros departamentos e obtivémola. Pedimos colaboración ó alumnado e obtivémola.

Tivemos que facer dous vídeos, saíron "máis ou menos", pero saíron. En canto podamos poñeremos un enlace a eses vídeos.

Agora o imporante: o enlace o vídeo de Amnistía Internacional.

 

Angrois no esquecemento: as achegas da investigación xornalística á nosa sociedade

O martes 1 de decembro de 2015 Fran Piñeiro e Susana S. Recouso, dous dos creadores do premiado documental "Angrois no esquecemento" estiveron no noso centro contándolle ó alumnado como xurdiu a idea de facer este documental que enfoca a enorme traxedia de Angrois dende un punto de vista estritamente humano. Ademais desto falaron de moitas outras cousas, todas elas  moi interesantes: a manipulación nas noticias, o oficio de xornalista ou de reporteiro gráfico, etc.

Moitas gracias, Fran e Susana. Seguro que vos volveremos a chamar.

Proximamente poñeremos material gráfico do evento na galería multimedia.

Conferencia de don Carlos Lema Devesa

Hoxe venres 9 de outubro comezamos coa actividades de celebración do 30 aniversario do Centro cunha conferencia do catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid don Carlos Lema Devesa. 

O profesor Lema empezará falándonos sobre a historia do Centro e daranos despois unha conferencia sobre os enganos da publicidade, sobre o que é especialista. As actividades están enfocadas ao alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Outra información: Noticia na prensa

Semana de divulgación arredor da luz no IES Arcebispo Xelmírez II

Co gallo do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías asociadas á Luz, o I.E.S. Arcebispo Xelmírez II adica a esta temática a semana de divulgación deste curso 2014-15.

Haberá múltiples actividades (conferencias, experimentos interactivos, obradoiros, exposicións ou aulas temáticas, por exemplo) organizadas polo centro coa colaboración de diversas institucións.

DISPOÑIBLE XA NO ARQUIVO ADXUNTO O PROGRAMA DEFINITIVO.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

Festival Nadal 2014

Rematamos o trimestre coa celebración do festival de Nadal do que podedes ver un pequeno resumo neste enlace.

http://youtu.be/KgU6Jgc_JPM

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA FILOSOFÍA

 

O Día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves do mes de novembro. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa conmemoración no ano 2005. O seu obxectivo é destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara ao xóvenes, e incidir no seu interese na medida en que “estimula o pensamento crítico e independente e é quen de traballar para un mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II 4º CLASIFICADO NA XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

Un ano máis a aposta do IES Arcebispo Xelmírez II por promocionar o Deporte entre o noso alumnado, coa fin de contribuir ao desenvolvemento dunha xuventude activa e saudable, viuse compensado por un novo galardón no eido deportivo. Na 37 edición da carreira pedestre popular, organizada polo xornal El Correo Gallego, o noso centro acadou un honroso 4º lugar na clasificación. Algúns dos nosos alumnos e alumnas estiveron entre os mellores clasificados.

A alumna Raquel González Tojo, primeira clasificada do centro, recollendo o seu premio.

 

II CONCURSO DE RELATO BREVE DE TERROR EN GALEGO

Convocado pola Biblioteca Anxel Casal, para maiores de 14 anos.

Máis información na seguinte web:

http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=173

Distribuir contido


by Dr. Radut