Skip to Content

abalarMóbil - Guía para as familias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa finalidade de facilitar a comunicación entre profesorado e familias do alumnado, ten á súa disposición a aplicación gratúita abalarMóbil, dispoñible tanto para para Android como para iOS.

 

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e das súas fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. A aplicación permite:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.*
  • Consultar as faltas de conduta.
  • Solicitar unha cita de titoría.*
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado.

* As funcionalidades de xustificación de faltas e solicitude de citas estarán dispoñibles unicamente nos casos nos que o profesor-titor correspondente así o autorice.

Neste curso a aplicación abalarMóbil será unha das ferramentas empregadas polo profesorado do IES Arcebispo Xelmírez II para a comunicación con pais, nais, titoras e titores legais do alumnado matriculado no centro, polo que se recomenda a súa descarga.

Para facilitar a instalación da app e a súa utilización achegamos unha guía, na que se explica todo o relacionado co funcionamento da mesma. 

Máis información | espazoAbalar

 



story | by Dr. Radut