VIII PREMIO DE ENSAIO SUBVERSIVO “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”

NOTA: O prazo de entrega de traballos amplíase ao 30 de xuño de 2020

Dada a situación atípica na que nos atopamos, o Colectivo Xelmírez, decide aprazar ata o vindeiro 30 de xuño a entrega dos traballos que opten aos Premios de Banda Deseñada e de Ensaio Subversivo nestas edicións 2020 (consúltense bases).

Os xurados correspondentes emitirán o seu fallo en setembro, se non fose posible facelo en xullo.
O acto de entrega de premios terá lugar en setembro. Informarase en tempo de data concreta ou de calquera cousa que xurdira. 
 
Comunicacións: páxina web, correo electrónico ou 881866962

Díptico Bases (pdf)