Proxecta Quérote + 2017-2018

O noso centro escolar é un espazo no que o alumnado pasa unha inmensa parte do seu tempo. De aí a relevancia de contribuír no seu desenvolvemento como futuros cidadáns e cidadás desta sociedade.

É esencial ir máis aló de acadar uns estándares de materia. O propio currículo da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria contempla que debemos contribuír na consecución de obxectivos e competenciasPois ben, con este plan proxecta abordaremos aspectos que nos permitirán traballar na consecución dalgúns deles como ben veremos no seguinte apartado “Obxectivos”.

É preciso aclarar que este plan proxecta foi levado a cabo co alumnado de 3ºB, pois era o único grupo no que impartíamos as tres docentes responsables deste proxecto. Con todo, o programa “QUÉROTE +” completouse en todo o nivel de terceiro, coas respectivas titoras de cada grupo, responsables así mesmo do plan.

Como citamos anteriormente, o plan vai dirixido aos alumnos e alumnas de 3ºESO, cuxas idades están comprendidas maiormente entre os 14 e 15 anos , exceptuando 4 casos que estarían entre os 16 e 17. En calquera caso, trátase dunha etapa vital na construción dunha identidade e personalidade propia. Neste período, establecen vínculos de referencia co seu grupo de iguais co que comparten experiencias e momentos significativos.  De aí a importancia de traballar temas transversais como o son a educación para a saúde e a educación moral e cívica.