Skip to Content

(Importante) Erros na matrícula 2018-2019

Estamos a revisar os sobres de matrícula que foron recollidos por persoal do centro a semán do 14 ao 18 de maio.

Detectámos varios erros na cumplimentación da documentación (faltan resgardos de ter pagado o seguro, hai impresos da ANPA dentro do sobre, etc.)

A fin de subsanar ditos erros, a Dirección do centro tomou a seguinte decisión:

Unha vez rematado o curso o vindeiro 21 de xuño, todo o alumnado deberá pasar pola Secretaría a fin de revisar toda a documentación presentada.

LEMBRAMOS que a correcta cumprimentación é fundamental para poder realizar unha adecuada matriculación do alumnado por parte dos servizos administrativos.

Agradecemos a colaboración de alumnos/as, pais/nais/titores/as.



story | by Dr. Radut