Skip to Content

VI PREMIO DE ENSAIO SUBVERSIVO “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”

VI  PREMIO DE ENSAIO SUBVERSIVO “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”

 No décimo quinto aniversario do pasamento de Guillermo Domínguez, profesor de Filosofía do IES Arcebispo Xelmírez I, desde este centro educativo e, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingúística e co Colectivo Xelmírez, queremos darlle continuidade ao certame de ensaio subversivo que brinda homenaxe á súa figura convocando a súa sexta edición.

       Aínda que, segundo o propio Guillermo Domínguez, o pensamento trae subversión, facémolo explícito, para invitarmos, máis alá dos habituais conceptos, a quebrar os nosos propios moldes internos, a encontrar a nosa verdadeira expresión e a nosa autenticidade. 

 BASES

 1.      Participación

Este concurso ábrese á participación de estudantes de ensino secundario de toda a comunidade autónoma galega matriculados nos niveis do BACHARELATO, non podendo presentarse quen obtivera algún premio en edicións anteriores do certame.

2.      Temática

O tema será libre e único, pero preferiranse os traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser totalmente orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá a descualificación do concursante.

       Non haberá limitación formal ningunha, sempre que se axusten á presentación dun problema ou tese e a súa argumentación.

      3.      Formato

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din-A4 e non superior a doce páxinas Din-A4, e segundo as seguintes directrices: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de interliñado 1’5.

        4.      Prazo de admisión

 

O prazo de admisión dos traballos comezará o 8 de xaneiro de 2018 e estará aberto até o 1 de marzo dese ano.

            5.   Presentación dos traballos

 

A través de correo postal, presentaranse en sobre pechado un exemplar en papel, impreso por unha soa cara, xuntando o mesmo documento en soporte dixital (CD-ROM, pendrive ou similares) en formato PDF. No exterior, ademais do enderezo ao que se remite, farase constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante. En ningún caso, estes documentos terán datos que poidan permitir recoñecer ao seu autor, posto que se quere garantir o anonimato.

       Ademais, deberase incluír no sobre principal outro sobre máis pequeno. No seu exterior aparecerá o pseudónimo e o título do ensaio, e no interior faranse constar os datos persoais que identifiquen ao autor e forma de contacto (correo electrónico ou teléfono), indicando tamén o centro educativo ao que pertence.

 Remitirase todo a IES Arcebispo Xelmírez I indicando no sobre “VI Premio Ensaio Subversivo “Guillermo Domínguez”, Rúa Poza de Bar s/n  C.P. 15705-Santiago de Compostela. 

Para aclarar calquera dúbida poderase consultar en calquera momento por correo electrónico ao enderezo guillermopremio@gmail.com.

        6.  Xurado

 

Estará formado por filósof@s, intelectuais e pensadores, até un máximo de cinco persoas, nomeados polas entidades convocantes, e poderá declarar os premios desertos ou facer nomeamentos específicos se a calidade dos traballos así o esixir. A resolución farase pública o 1 de maio de 2018 e será inapelábel.

       7.      Premios

Fallaranse e motivaranse:

      -Primeiro Premio: dotado con 500 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF.

      -Segundo Premio: dotado con 200 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF, se fose preceptivo.

 

Cómpre recoller o premio persoalmente no acto de entrega, agás falta xustificada documentalmente.   

Asi mesmo, os ensaios gañadores publicaranse, previa autorización dos autores, na páxina web do instituto e nunha edición especial en formato papel.

A concurrencia ao certame presupón a aceptación destas bases.



story | by Dr. Radut