O Executivo do Consorcio de Santiago na Biblioteca Histórica

Visita do Comité Executivo do Consorcio da Cidade de Santiago á Biblioteca Histórica do noso instituto. O Consorcio colaborou no ano 2016 ao coidado e mantemento da Biblioteca e seguirá colaborando no vindeiro 2017. O Instituto quere mostrar o seu profundo agradecemento pola sensibilidade mostrada pola entidade interinstitucional coa nosa biblioteca, xoia do ensino medio compostelán.