Benvida

 

     Historicamente, o Instituto de Ensino Secundario Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela veuse caracterizando como unha das comunidades educativas máis inquietas do país, na procura da mellora e da innovación pedagóxicas e na experimentación de novas vías de transmisión cultural e de comunicación social, así como na normalización da lingua propia.

Nesta liña é onde debemos enmarcar a presente páxina web, como unha canle máis que nos brindan as novas tecnoloxías para a interrelación dos estamentos que compoñen a nosa comunidade escolar, así como a desta coa sociedade na que se insire e á que serve como centro educativo.

Nas diferentes seccións en que se estrutura, poderase topar desde a información administrativa fundamental, os calendarios oficiais do curso, pasando polos horarios da actividade pedagóxica, os períodos de atención aos pais e nais, até a configuración dos equipos docentes, os libros de texto, as actividades complementarias, os enlaces de interese...

Desde o Instituto Xelmirez, comprometidos como estamos co ensino público compostelán, querémosvos animar a participar activamente nesta nova plataforma de comunicación educativa.

O DIRECTOR