Actividades

 

Inicio

Calendario de actividades escolares e extraescolares, preme aquí

 

 

 

 

EXPOSICIÓN TRABAJOS ALUMNADO 1º Y 2º ESO EDUCACIÓN FÍSICA

 

En el segundo trimestre se expusieron en el centro los trabajos creados por el alumnado en referencia a DEPORTES EN EL MEDIO NATURAL y DEPORTES ALTERNATIVOS que fueron entregados en la primera evaluación.

 

A resaltar la creatividad y originalidad a la hora de la confección de los diferentes carteles y la gran cantidad de información vertida en ellos, tanto en Español (grupos de primero de ESO) como en Inglés (grupos de segundo de ESO) y la gran variedad de deportes interesantes.

 

Una nueva forma de hacer, de descubrir, de aprender, de compartir y de disfrutar colectivamente.

 

CARMEN CONTRERAS

 

EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

 

 

NATACIÓN

    Durante el mes de febrero, todo el alumnado de 2º ESO ha participado de una Unidad Didáctica teórico-práctica referida a NATACIÓN, consiguiéndose con creces los objetivos principales de la actividad: utilización correcta de las instalaciones y recursos del entorno para la práctica deportiva; mejora de las técnicas básicas individuales; trabajo cooperativo; investigación y desarrollo de contenidos teóricos relativos a deportes acuáticos, seguridad y salvamento, beneficios de la práctica deportiva…, educación en valores y dinámicas grupales lúdicas y positivas.

   Adhiriéndome al plan del Concello, de promoción de ACTIVIDAD DEPORTIVA Y VIDA SALUDABLE, La actividad práctica ha sido llevada a cabo en las instalaciones de la PISCINA MUNICIPAL y la teórica en el propio centro.

   He llevado a cabo la planificación, organización, diseño de las diversas actividades, docencia, control y evaluación de la Unidad Didáctica. La valoración global, tanto por mi parte como por parte de todo el alumnado, ha sido muy positiva, superando con creces las expectativas previas.

   Agradecimientos al Concello, departamento de CULTURA E DEPORTE, por posibilitar este tipo de actividades a muy bajo coste para las familias; al personal de la PISCINA MUNICIPAL, por su amabilidad y disposición positiva así como por facilitarnos recursos para la práctica deportiva; a todos los COMPAÑER@S que me acompañaron en el traslado del alumnado a las instalaciones, y al ALUMNADO por su disposición favorable, motivación, esfuerzo y superación personal.

 

 

VISITA AO PARLAMENTO GALEGO E AO PÓRTICO DA GLORIA

 

YOUTUBEIR@S

 

 

Esta semana os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato tiveron a ocasión de participar nunha charla introdutoria sobre edición de vídeo. A actividade foi organizada polo concello de Moaña en colaboración co noso EDLG. Son moitos os concellos e os centros educativos  de Galicia que están participando nesta actividade cuxo obxectivo final é animar ó alumnado a participar con vídeos en galego no concurso de youtubeir@s cuxas bases podedes ver na páxina http://youtubeiras.gal/ onde atoparedes tamén material útil para os vosos vídeos e os vídeos premiados en anteriores edicións. As temáticas poden ser moi variadas xa que hai diversas categorías de participación e tamén son varios e apetitosos os premios, así que...anímate! Ata setembro hai tempo.

 

 

XUNTANZA DOS CLUBS MANGA NO IES MARÍA SOLIÑO

 

ENTROIDO 2019

 

OS AVÓS E AS AVOAS TAMÉN CONTAN

Un curso máis, na materia de Oratoria contouse coa colaboración de avós e avoas ou outros familiares de idade para relatar ás clases de 1º ESO da materia optativa de oratoria, vivencias da súa nenez e anécdotas sobre a Moaña de antes. Aprendemos da nosa propia historia e escoitamos a persoas que tanto teñen que ensinar e relatar.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Obradoiro de Regueifas coa colaboración do Concello de Moaña e a Deputación de Pontevedra.

 

depoEMPRENDE na ESO

 

O alumnado de 4º ESO C da materia participou na Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial: Acto de entrega de NIF

No salón de plenos da Deputación de Pontevedra, a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, entregoulles o NIF a cada unha das cooperativas escolares creadas polos alumnos e alumnas dos centros participantes no programa "depoEMPRENDE na ESO"

 

Obradoiro de Danza con Xiana Vilas

 

 
 

O luns día 25 de febreiro, continuou a II Semana da Muller co obradoiro de danza da coreógrafa e bailarina Xiana Vilas, que mantemos por segundo ano consecutivo dado o grande éxito da primeira experiencia na Semana da Muller do pasado curso. 

Máis de 30 alumnas e alumnos de todos os niveis da ESO participaron nesta divertida actividade, aprendendo unha coreografía inspirada na muller. O obradoiro xirou en torno ós conceptos de confianza e medo, que traballaron mediante movementos e coreografías 

 
 

 

Exposición Mulleres en Vangarda

A exposición MUJERES EN VANGUARDIA de Residencia de estudiantes de Madrid e Acción cultural española foi inaugurada polo noso centro no auditorio de Cangas o pasado día 12 de febreiro, coa asistencia de moito público e personalidades, como a presidenta da deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a subdelegada do goberno en Pontevedra Maica Larriba, o alcalde de Cangas Xosé manuel Pazos e a inspectora do noso centro, Dori de la Fuente. Tamén estaban presentes a concelleira de igualdade de Moaña, María Ortega e a tenente de alcalde do noso concello, Marta Freire. Representando ó noso centro estaba a secretaria Estrela Villaverde e a coordinadora do EDLG Carmen Pérez. Todas as persoas que interviñeron felicitaron ó centro pola iniciativa e destacaron a importancia desta exposición para visibilizar as grandes intelectuais e artistas da "Generación del 27" que foron esquecidas pola historia, sendo que a súa produción literaria e artística xa fora recoñecida no seu momento e era de gran altura. O noso centro agradece ó concello de Cangas a cesión do espazo do auditorio.

Charla de Alba Rodríguez Meira: Muller e ciencia

Tamén na II Semana da Muller, disfrutamos co alumnado de 1º Bacharelato da amena charla sobre Muller e ciencia dentro da iniciativa nacional que conmemora o 11 de febreiro o Día da muller e a nena na ciencia. Alba Rodríguez Meira, xenetista viguesa que está finalizando o seu doutorado en Oxford, falounos das dificultades que experimentan as investigadoras e as desventaxas que deben aturar polo feito de seren mulleres. Despois da charla, Alba participou nunha charla informal co alumnado do Bacharelato Stem.

 

VISITA A KALEIDO

O 31 de xaneiro o alumnado do CS de Administración e Finanzas e o alumnado de Servizos Comerciais Visitaron á empresa KALEIDO en Porriño dedicada á loxística integral.

 

INTERNET SEGURO PARA OS NOSOS FILLOS

“Internet segura para os nosos fillos”  organizado polo departamento de Orientación. O ponente foi D. Jorge Cerqueiro Pequeño, Profesor de Enxenería Industrial da Universidade de Vigo e Presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo).

 

 

ENSAIO DE CANTO

Preparando con Lucía Iglesias o musical Mamma Mia.

 

OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

Olimpiada de Xeoloxía, mércores 13 de febreirO. Ademaáis das probas, o alumnado realizou actividades e asistiu á presentación de proxectos.

XORNADAS DE FP DO MORRAZO

O IES Plurilingüe estivo presente nas Xornadas de FP do Morrazo. O noso alumnado recibiu información dos ciclos que hai no Morrazo e presentaron os nosos ciclos a outros alumnos.

 

VISITA DO BACHARELATO STEM Á UNIVERSIDADE

Primeira visita do Bacharelato STEM á Facultade de Bioloxía para familiarizarse con ela e coñecer os proxectos que van desenvolver.

 

SEMANA DA MULLER

Este é o segundo ano que o EDLG do IES Plurilingüe A Paralaia organiza a Semana da Muller, que pretende difundir entre o estudantado o traballo de mulleres galegas actuais e da nosa historia, de todos os eidos: arte, investigación, xornalismo, ciencia, etc. Este ano colaborarán, entre outras, a investigadora e profesora da USC Aurora Marco e Carmen Vidal, profesora e membro e representante en España da WILPF (Women's International League for Peace and Freedom),que iluminarán algunhas das sombras que cobren a memoria das mulleres e que nos deixará unha interesante exposición sobre esta organización pacifista. E tanto alumnado como profesorado terán de novo ocasión de bailar coa coreógrafa Xiana Vilas. Ademáis, o instituto suscribiu este ano a iniciativa nacional MUJER Y CIENCIA, que se celebra o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena en Ciencia, aínda que no noso centro teremos que clebralo o venres 8 por motivos alleos a nós. Así, acollerá unha charla da xoven científica viguesa Alba Rodríguez Meira, doutoranda nun programa de Xenética na universidade de Oxford, que terá oportunidade de falar para o alumnado dos bacharelatos científicos e de falar co alumnado do recentemente implantado Bacharelato STEM. Un completo e entretido programa coa muller como centro. Acompañarános tamén para pechar a Semana, Aurora Marco, profesora da USC e a investigadora sobre a muller máis importante de Galicia. Iremos contándovos destas actividades.


 

 

ENTREGA DOS DIPLOMAS DE INGLÉS NIVEL B1 E B2

(TRINITY)

 

 

O CLUB MANGA NA TUITAKU NO IES SAN PAIO 

(4/2/2019)

 

OBRADOIRO DE TEATRO CON

ALFREDO MANTOVANI

 

TEATRO MADE IN GALIZA

O alumnado de Primeiro de Bacharelato acudiu ao Auditorio de Cangas para asistir a representación da adaptación teatral de Made in Galiza de Sechu Sende feita pola compañía Quinquilláns.

 

EDUEMPRENDE-ACTÚA

O día 22 de xaneiro tivo lugar a actividade Eduemprende-actúa organizada pola Consellería de Educación que ten como obxetivo acercar o emprendemento ó alumnado. Participaron alumnos de 2º dos ciclos de FP, 1º de Bacharelato e os ponentes foron un técnico do IGAPE e os emprendedores Sandra Boubeta Santomé e Carlos Alonso.

 

 

OBRADOIRO DE ESCAPARATISMO

O alumnado de FP Básica de Servizos Comerciais fixo este Venres un obradoiro de escaparatismo con Nélida Carracelas de ENES ESPAZOS CREATIVOS de Cangas. 

   

CONCURSO DE PORTAS DE SANMAÍN

 

 

Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua galega do noso centro, puxo en marcha un concurso para facer dos nosos corredores un lugar terrorífico digno do Samaín. Destacamos o elevado nivel tanto no número de clases participantes como na calidade da decoración das portas das aulas. Foi difícil a deliberación e finalmente as clases gañadoras son 3º ESO-PMAR, cun lobis-home que mete medo e 4º ESO-B cunha monxa de ultratumba que arrepía o corpo. O premio será disfrutado por estas dúas clases o martes día 4 na cafetería, onde merendaremos estupendamente!

Paga a pena que vexades as fotos de todas as portas ou que deades un paseo polos corredores. 

Parabéns ás clases gañadoras e os seus titores e ata o ano que vén!

Podedes ver todas as portas premendo aquí. 

 

 

O ALUMNADO DE 2º DE ESO

EN APRENDE MOAÑA

O alumnado de segundo de ESO visitou as igrexas de San Martiño e Tirán no programa Aprende Moaña do Concello de Moaña.

Podedes consultar a reportaxe fotográfica premendo aquí

 

 

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACION EN PRL 

 

 

Hoxe 21 de Novembro tivemos a xornada a campaña de sensibilización en riscos laborais para os centros de Formación Profesional. Con esta xornada pretendemos concienciar e sensibilizar en Prevención de Riscos Laborais aos alumnos de FP nos riesgos específicos da súa familia profesional.

 

 

 

 

MAGOSTO 

 

Este Venres celebramos o Magosto comendo castañas. Os alumnos de 4º da ESO venderon bocadillos e doces para financiar a súa excursión de fin de curso. Asemade, como xa é tradición, visitáronnos os rapaces d 6º de Primaria dos colexios adscritos. Álvaro, o noso director, recibiunos no salón de actos, tomamos unha chocolatada e rematamos a xornada facendo un mural. 

Podedes ver as imaxes premendo aquí

 

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

O departamento de FOL organizou este Xoves 15 de Novembro a Xornada de Primeiros Auxilios para Ciclos e FP Básica. 

A docencia foi impartida por Simulacros Formación en Emerxencias.

Relator: Ricardo Olabengoya (Director de SFE e Bombeiro profesional).

Podedes ver o vídeo premendo aquí

 

 

CLUB MANGA

O luns 12 de novembro xuntámonos de novo os clubs manga. Esta vez tocoulle ao IES Alexandre Bóveda exercer de anfitrión. Houbo concurso de cosplay, de debuxo, de Pokemon, historias de terror, obras de teatro, charlas, xogos de rol e moitas outras actividades que disfrutamos moitísimo. Raquel Estévez ganou o concurso de debuxo e Ismael Freire o de Pokemon. Podedes ver as fotos do evento premendo no enlace. 

AQUÍ

 

 

 

Actividades

Publicacións

Feiras/Exposicións