Anuario curso 2017-18

Actividades e eventos desenvolvidos no ou polo centro clasificadas cronolóxicamente

NOVAS CURSO 2017-18

  • PROXECTO DE INNOVACIÓN NA FP
  • O alumnado de 2º curso do CS de Sistemas Electrotécnicos e automáticos está a desenvolver un proxecto de innovación na FP que foi premiado na actual convocatoria de 2018 de FP INNOVA.
  • O proxecto, que leva o nome de "VEU" (vehículo ecolóxico urbano), é un cuatriciclo lixeiro biplaza dotado de paneis fotovoltaicos que verten a enerxía eléctrica a unhhas baterías para o seu posterior subministro ao motor eléctrico e resto de aparellos eléctricos e electrónicos do mesmo.
  • Ademáis, dispon de posibilidade de carga mediante toma de corriente doméstica, unha autonomía de 40km e unha velocidade máxima de 40km/h.
  • Ligazón ao artigo publicado en Faro de Vigo o 09/06/2018.

  • 28/06/2018
  • Os alumnos de 1°ESO Miguel Moledo Paredes e Álvaro Justo Benito gañaron co seu equipo un concurso de debate escolar organizado por Wedu. Noraboa ós dous e a seguir gañando!

  • 22/06/2018
  • Vídeo contra a homofobia.
  • No último trimestre deste curso, a profesora de bioloxía Rocío Costa camino participou cos seus alumnos de 1º ESO xunto con outrs centros nacionais e internacionais nun vídeo contra a homofobia. O vídeo pode verse en youtube.
  • Ligazón ao vídeo.
 
  • 14/06/2018
  • Entrega de diplomas do concurso "Canguro Matemático 2018".
  • Tal e como vimos facendo estes dous últimos cursos, o pasado 13 de xuño fíxose entrega dos diplomas e premios correspondentes ao concurso "Canguro Matemático 2018", así mesmotameén fíxose entrega dun premio ao mellor alumno do concurso interno "Desafío Matemático".
 
  • 10/06/2018
  • V ANDAINA PARALAIA SOLIDARIA
  • POR QUINTO ANO CONSECUTIVO, O IES PLURILINGÜE A PARALAIA ORGANIZA EN MOAÑA O 10 DE XUÑO ÁS 11:OOH  A ANDAINA-CARREIRA SOLIDARIA COA FINALIDADE DE RECOLLER FONDOS PARA AS FAMILIAS MAIS NECESITADAS DA VILA.
  • COMO VÉN SENDO HABITUAL COLABORARÁ CONNOSCO O CONCELLO  DE MOAÑA, EROSKY, CÁRITAS, A ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA, O CLUB DE ATLETISMO SAMERTOLAMEU, GRUPO ESTUDIO E ANDOSÁN ( CAFETERÍA DO IES).
  • FARASE UN PERCORRIDO DUNS 4 QUILÓMETROS POLO NÚCLEO URBANO DA VILA DE MOAÑA. SAIREMOS DO IES PLURILINGÜE A PARALAIA EN DIRECCIÓN Á RÚA CONCEPCIÓN ARENAL ATA CHEGAR AO PORTO DE MOAÑA (OS QUE A FAGAN CORRENDO ATA A PRAIA DO CON).  A CONTINUACIÓN VOLTAREMOS POLA MESMA RÚA ATA CHEGAR Ó CONCELLO DESDE ONDE IREMOS CARA AO INSTITUTO PLURILINGÜE  A PARALAIA.
  • NESTA EDICIÓN TAMÉN HABERÁ  A HOLI PARALAIA SOLIDARIA, QUE SE CELEBRARÁ  AO REMATE DA ANDAINA NO APARCADOIRO EN FRONTE AO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.
  • A INSCRICIÓN CUSTA 4€ E INCLÚE UNHA CAMISETA, AUGA, FROITA E UN SAQUIÑO DE PO DE CORES PARA A HOLI PARALAIA SOLIDARIA. PARA GARANTIR QUE TODO O MUNDO TEÑA O SEU SAQUIÑO DE PO, É IMPORTANTE ANOTARSE ANTES DO 10 DE XUÑO AINDA QUE TAMÉN PODEDES INSCRIBIRVOS O MESMO DÍA DA ANDAINA.

  • 08 e 09/06/2018
  • XVIII Congreso ENFAMEC.
  • O venres 8 e o sábado 9 de xuño, celebrarase o XVIII Congreso de Enfamec no Instituto Plurilingüe A Paralaia de Moaña.

  • 12/06/2018
  • Actividade “Marisqueo a Pé por Moaña”.
  • Alumnado participante: 1º ESO.
  • Actividade: Saída didáctica ao intermareal de Moaña. Nesta actividade o alumnado poderá observar in situ os diferentes moluscos da zona e as técnicas de marisqueo empregadas para a súa recolección.
    Para elo contamos colaboración do concello de Moaña e das mariscadoras.
  • Departamento organizador: Bioloxía e Xeoloxía.
  • 05/06/2018
  • Saída do alumnado de 1º ESO C
  • Este martes, o alumnado de 1º da ESO, grupo C, sairá do centro cara á fraga a sacar fotos que precisan para rematar o cómic que levan elaborando dende a segunda avaliación.
  • 04/06/2018
  • Titoriais para o emprego das redes sociais.
  • Este ano dende a asignatura de lingua castelá estivemos a traballar a alfabetización dixital. Froito deste traballo son estes titoriais onde os nosos alumnos nos ensinan a empregar as novas redes sociais.
  • O titorial foi elaborado por: Antonio Serrano, Iker Dacosta e Hugo Cancelas.
  • Ligazón ao vídeo titorial.
  • 04/06/2018
  • Audiolibros elaborados polos alumnos de cuarto da ESO.
  • Este ano os alumnos de cuarto da ESO estiveron a traballar na asignatura de lingua galega o texto narrativo e os novos formatos de difusión da literatura. O froito de este traballo son estes audiolibros.
  • A ANPA do Instituto pon a disposición do alumnado de 2º Bacharelato o autobús para subir ó CUVI ós exames das ABAU  os días 12,13 e 14 de xuño.
  • O autobús sairá ás 07:30 h da parada do Lidl.
  • O alumnado interesado pode anotarse na conserxería do instituto.
  • 30 e 31/05/2018
  • Taller sobre consumo de drogas.
  • O alumnado de 1º de FPB asistirá a dúas xornadas correspondentes a un taller sobre consumo de drogas.
  • Organiza: Departamento de orientación.
  • 22/05/2018
  • O grupo de teatro  “Dramatic@s” do noso instituto, participou onte con gran éxito na 9ª edición do Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo  Citeamor  representando a súa obra “Comedia Bífida”.
  • 29 e 30/05/2018
  • Visita a Celanova.
  • Alumnado participante: 2º ESO.
  • Programa a desenvolver:
  • En Celanova, o alumnado participará no concerto didáctico de órgano no mosteiro de San Salvador. Ademáis , farán un percorrido histórico polo mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel. Posteriormente, visitarán á Casa Museo de Curros Enríquez. Pola tardiña, visitarán Vilanova dos Infantes, destacando a súa Torre medieval e o Museo dos zapateiros. Pernoctaremos en Muíños, onde ó día seguinte, realizarán unha actividade de piragüismo polo encoro das Conchas, sendo quen de chegar ó xacemento romano de Aquis Querquennis.
  • Departamento organizador: Música.
  • 31/05/2018
  • Final comarcal de regueifas.
  • O xoves 31 de maio terá lugar no auditorio de Cangas a final comarcal de regueifas que levamos traballando no instituto xa con dúas sesións previas eliminatorias. Foron seleccionados 10 alumnas e alumnos, e o resto dos 50 que participaron nos obradoiros, asistirán como público.
  • É unha actividade organizada polo concello e o EDNL.
  • 24/05/2018
  • Obra de teatro "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos"
  • Este xoves 24 o alumnado de 3º ESO asistirá no IES As Barxas á representación da peza "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos", á volta da figura de María Victoria Moreno.
  • Organizan os Departamentos de Lingua galega e Dinamización lingüística."
  • 24/05/2018
  • Estos días estanos a visitar o alumnado francés do Lycée  La Providence de Montauban.
  • Os 16 alumnos bretóns, acompañados de dous  profesores, chegarán a Moaña o mércores ,16 de maio  e regresarán ao seu país o mércores, 24 de maio. Durante a súa estancia desenvolveremos  varias actividades: Visita ó Castro de Sta. Tegra, Tui e Valença, ás Illas Cíes e a Santiago de Compostela.
  • Tamén terán a oportunidade de observar  na propia praia a labor das mariscadoras de Moaña.
  • 23/05/2018
  • Exposición fotográfica artística en torno ó tema da mutilación xenital feminina (MXF)
  • No IES Plurilingüe A Paralaia o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística inaugura o mércores día 23 de maio unha exposición fotográfica artística en torno ó tema da mutilación xenital feminina (MXF) unha brutal agresión física e psicolóxica contra a muller que afecta a mulleres tamén no noso territorio. A Confederación Nacional de Asociaciones de Mujeres por la Igualdad propuxo un concurso de obras artísticas para a concienciación, cuxas obras pasaron a formar parte desta exposición que leva percorridas cidades de España e que de recente a Asociación de Mujeres por la Igualdad Pontevedra trouxo a Galicia onde está sendo acollida por concellos e centros educativos. Os alumnos e alumnas do IES Plurilingüe A Paralaia, xunto co EDNL, traduciron ó galego as fichas explicativas que acompañan a exposición. A inauguración será ás 11 da mañá e permanecerá unha semana, durante a cal se pode visitar no corredor da planta baixa en horario de apertura do centro.
  • Ligazón á a foto da obra gañadora do concurso.
  • A responsable da organización da exposición é a profesora Carmen Pérez Fernández. Depto. Lingua castelá e EDNL. IES Plurilingüe A Paralaia. Moaña, Pontevedra
  • Xornadas de portas abertas 2018
  • Nos próximos días recibiremos a alumnado de ESO e Bacharelato de varios institutos do contorno  ó que se lle dará  información sobre os Ciclos de Formación Profesional (CM e FP Básica) que ofertamos no Instituto.
    A organización de estas xornadas será a que sigue:
  • ALUMNADO EXTERNO
    • Luns, 14 de maio. De 16:30-18:00h. Visítanos o alumnado do IES AS BARXAS.
    • Mércores, 16 maio. De 10:00-11:30h. Visítanos o alumnado do IES ILLA DE ONS.
    • Xoves, 24 de maio. De 9.30-11:00h. Visítanos o alumnado do IES MONTE CARRASCO.
    • Xoves, 7 de xuño. Hora por determinar. Visitaremos o Colexio Compañía de María de Cangas para presentar os Ciclos de FP e a FP Básica.
  • ALUMNADO PROPIO
    • O noso alumnado de 4º ESO tamén visitará os talleres para coñecer as ensinanzas de Formación Profesional que impartimos.
    • Martes, 22 de maio. De 12:20-13:10h. Visita ós talleres.
    • Luns, 28 de maio. De 16:50-17:40h. Visita ás aulas-taller de administrativo.
    • Luns, 4 de xuño. De 16:50-17:40h. Visita ós talleres de Electricidade.
    • Martes, 22 de maio. Alumnado propio e de outros centros virá para recibir información do CS de Sistemas Electrotécnicas e Automáticas e o CS de Administración e Finanzas.
  • 03/04/2018
  • A nosa expo das mulleres viaxa polos colexios.
  • A nosa exposición "Muller e herdanza" viaxa xa polos centros do Morrazo. Como sabedes, fíxoa o equipo de Normalización Lingüística do noso IES con material recollido polo alumnado con algúns dos seus profesores e profesoras pra conmemorar o 8 de marzo e reclamar unha maior visibilidade do traballo das mulleres e os seus logros. Nestas fotos vemos ó alumnado do CEIP Espiñeira Aldán realizando actividades coa exposición.
  • A nosa expo das mulleres viaxa polos colexios.
  • Ligazón á galería de fotos.
  • 04/05/2018
  • Gañadoras Concurso de cómic 2018
  • Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Moaña comunicámoslle que as persoas que gañaron os primeiro e segundo premio do Concurso de Cómic 2018 foron:
    1º premio para Sabela Ledet Piñeiro  de 3º da ESO
    2º premio para Silvia Cancelas García de 1º da ESO
     
    A entrega de premios terá lugar o sábado 5 de maio ás 12 horas no alto da plaza de abastos coincidindo coa Cómic- Con, polo que solicitamos llo comuniquen ás gañadoras.
  • 07/05/2018
  • Charla "E agora que?"
  • O VINDEIROLUNS DÍA 7 DE MAIO ÁS 18.30 NA SALA DE USOS MULTIPLES DO IES PLURILINGÜE A PARALAIA TERÁ LUGAR UNHA CHARLA CO TEMA: E AGORA QUE?
  • Tratáse de analizar as saída que ten o alumnado ao rematar os seus estudos da ESA cara ao seu proxecto de vida.
  • Relatores:
    • Carmen Pérez García . Orientadora Laboral do concello de Moaña.
    • Andrea López Pastoriza. Alumna do máster de formación do profesorado, itinerario FOL. Educadora Social.
  • Temas a tratar: Patronato Municipal de Beiramar, Formación Profesional Inicial e Formación para o Emprego, Escolas Obradoiro, Obradoiros de Emprego e Plans integrados; Emprego por conta allea, Emprego Público, Carnés Profesionais, Habilitacións e Certificados de Profesionalidade, Acreditación da experiencia profesional e Pautas e ferramentas da búqueda web.
 
  • 04/05/2018
  • Batucada.
  • O vindeiro venres 4 de Maio, todo o alumnado de 4º ESO  ofrecerá un espectáculo de percusión ou batucada, como inauguración á Comic-Con.
  • Esta actividade ocupará as tres primeiras horas da mañá.
  • Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Música, en colaboración con Curro.

¡¡¡ XA CONTAMOS CO NOVO
EQUIPO DE MEDIACIÓN ESCOLAR!!!

A MEDIACIÓN ESCOLAR É UN PROCESO VOLUNTARIO NO QUE SE OFRECE A OPORTUNIDADE DE RESOLVER CONFLITOS E/OU DISPUTAS CANDO TEMOS UN PROBLEMA E NON SABEMOS COMO RESOLVELO; MELLORANDO AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS E DESENVOLVENDO AS HABILIDADES SOCIAIS. PODES ACUDIR AS PER

 

 

  • 30/04/2018
  • Charla sobre a toponimia de Moaña.
  • O alumnado de 4º ESO recibirá unha charla sobre a toponimia de Moaña. Nela explicarase a orixe e evolución dos nomes dos lugares da nosa vila.
  • 24/04/2017
  • VI Campus de Verán XuvenCiencia.
  • Campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. Terá lugar do *2 ao 6 de xullo* e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.
  • Ligazón á web do evento.
  • 04 e 05/05/2018
  • Comic-Con Moaña
  • Este ano repetimos a Comic-con organizada entre os clubs Manga do IES A Paralaia e o IES As Barxas. O 4 e 5 de Maio esperámosvos a todos no Alto da Praza.
  • Abriremos o evento cunha batukada feita polos alumnos de catro da ISO e durante os dous días, desde as dez da mañá ata as oito da tarde poderedes gozar de todo tipo de actividades e de stands de venda ao público. Haberá talleres de cómic con autores profesionais, charlas e mesas redondas, actividades de doblaje con Xullo Lorenzo -doblador de Bóla de Dragón-, pistolas nerf, jugger, xogos de mesa, Magic, Quiddich, torneo de videojuegos e moito máis.
  • Podedes consultar o horario e apuntarvos ás actividades en www.comicmoanha.com
  • 16/04 .. 24/06/2018
  • Alumnas do IES Plurilíngüe A Paralaia continúan a súa formación en Polonia.
  • Desde o curso 2014-15, e no marco dos programas Erasmus +, o IES. Plurilíngüe A Paralaia segue a enviar alumnado de FP a empresas estranxeiras (Dublín, Cork, Malta…) para que completen a súa formación. Nesta ocasión, as alumnas Elsa Bastos Piñeiro e Andrea Cancelas Valverde de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa participan no programa  K102 “A Fp dual en Europa”, polo que realizarán unhas prácticas profesionais durante 70 días (16 abril-24 de xuño) na cidade polaca de Wroclaw.
  • Dito programa, tamén inclúe a mobilidade de dous profesores do centro que durante unha semana (21- 28 de abril), viaxan á cidade coa finalidade de: analizar a realidade da FP Dual en Europa, supervisar as mobilidades e favorecer novos contactos tanto no ámbito académico como empresarial.
  • Ligazón á galería de imaxes.
  • 23/04/2018
  • Noticia relacionada coa actividade desenvolvida os días 02 e 03/03/2018 (Visita didáctica e concerto a Porto).
  • Durante a actividade grabáronse varios vídeos. O resultado do seu tratamento é o seguinte:
  • Ligazón ao vídeo da actividade. 
  • 21/04/2018
  • PLAN DE PRACTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN

    A Deputación  de Pontevedra ofrece 200 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

  • https://www.depo.gal/plan-de-practica-laboral-concellos-e-deputacion-2018/persoas-bolseiras#

 
  • 27/04/2018
  • 2ª xornada de acollemento do alumnado dos CEIPs adscritos ao noso centro.
  • O próximo VENRES DÍA 27 DE ABRIL terá lugar no centro a 2ª actividade das xornadas de acollemento para o alumnado dos nosos CEIPs adscritos. O alumnado chegará ao noso centro ás 10 da mañá  e estará ata as 13 horas realizando unha serie de obradoiros dirixidos polo noso profesorado e coa colaboración de parte do alumnado de 1º da ESO, que van ser os seus futuros compañeiros/as titores/as. Os obradoiros terán lugar na biblioteca, usos múltiples, sala de alumnos e cafetería.
  • Durante a xornada desenvolveranse os seguintes obradoiros, dirixidos polos profesores indicados:
    • Obradoiro de reciclaxe de vaqueiros: Rosa García.
    • Obradoiro de 3D: Francisco Ogando.
    • Obradoiro de reciclaxe de calcetíns: María Carballo.
    • Obradoiro de Hamma Beads: Francisco Zea (Curro).
    • Obradoiro de Origami: Sandra Codina e Gena Balado.
 
  • 20/04/2018
  • Vídeo presentado ao concurso "Explícoche matemáticas 2.0" da U.S.C.
  • Breve motivación: Con este vídeo queremos amosar que hai outras maneiras de traballar na clase, de xeito colectivo e organizado, onde todas e todos puidemos participar e disfrutar da materia, aprendendo tamén as técnicas do graffiti e da linguaxe audiovisual.
    #explícochematematicas2.0
    #IESParalaia #ParalaiaMola
    #IESAParalaia #AParalaiaMola

    Vídeo realizado polo alumnado de 4ºESO A do IES A Paralaia - Moaña en abril de 2018

  • Ligazón ao vídeo.
  • 26/04/2018
  • Participación do grupo de teatro Dramátic@s do noso centro na “XXII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo”
  • O noso  grupo de teatro “Dramatic@s” participará na “XXII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo” do 25 ó 27 de abril.
    O alumnado do grupo de teatro  asistirá o mércores, xoves e venres ó auditorio do  Colexio Eduardo Pondal de Cangas onde todos os grupos de teatro de ensino secundario do Morrazo  representarán por vez primeira  as obras elixidas.
  • O martes 22 de maio ás 20.00h  poderemos asistir á representación do grupo de teatro no Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo “Citeamor”.
  • 16..24/05/2018
  • Intercambio de alumnos entre o noso centro e o Lycée  La Providence de Montauban de Francia.
  • O IES A Paralaia de Moaña e o Lycée  La Providence de Montauban (Francia) van levar a cabo un intercambio escolar ao longo do presente curso 2017/18. Os 16 alumnos bretóns, acompañados de dous  profesores, chegarán a Moaña o mércores ,16 de maio  e regresarán ao seu país o mércores, 24 de maio.
  • Durante a súa estancia desenvolveranse  unha serie de actividades programadas entre os dous centros que se inician antes da chegada dos alumnos  e se sustancian, ao longo do propio intercambio, con  visitas guiadas a Santiago, Pontevedra, Portugal etc , así como charlas e clases especialmente preparadas para eles.
  • Por outra parte, os  20 alumnos participantes do IES Plurilingüe A Paralaia, acompañados de 2 profesores, irán á Montauban ( a 30 Km de Rennes), na Bretaña francesa, desde o  17 ata o 24 de abril. Alí tamén  se realizarán as actividades previstas polo centro de ensino francés, que inclúe visitas a , Rennes , Saint Maló e  Saint Michel.
  • As familias dos alumnos galegos proporcionarán o aloxamento nos seus fogares aos correspondentes franceses. E o mesmo farán as familias francesas  cos alumnos moañeses.
  • 23/04/2018
  • Actividade "Un día na Idade Media".
  • O vindeiro luns 23 de Abril, na segunda hora da tarde no pavillón, viaxaremos no tempo ata a Idade Media.
            Trátase dunha actividade orixinada a partires da visita á exposición do Pergamiño Vindel, obra medieval do trobador galego Martín Códax, que inclúe sete cantigas de amigo. A súa celebración coincide ademáis co Día do Libro.
            As actividades a desenvolver son: un cantar de cego e unha danza medieval, concretamente a farándola “ A l’entrada del temps clar”, que dá benvida a primavera. Así mesmo, e como ambientación do evento, exporanse os traballos do alumnado da ESO e 1º Bacharelato, tanto na biblioteca como nos corredores.
            Participarán os alumnos da ESO e 1º Bacharelato.
  • 11/04/2018
  • Noticia relacionada coa actividade de obradoiro de lingua portuguesa do pasado día 06/04/2018.
  • "Ateliê OPS
    O venres día 6 celebramos no centro o obradoiro de lingua portuguesa OPS (O Português Simples), para o alumnado de 2º ESO. Durante dúas horas os alumnos recibiron información sobre a relación entre galego e portugués, a proxección da lingua portuguesa a nivel mundial e algunhas características léxicas e gramaticais desa lingua. O obradoiro foi ofrecido polo concello de Moaña"
  • Ligazón á galería de fotos.
 
  • 09/04/2018
  • Nota de prensa relativa á actividade desenvolvida o pasado 03/04/2018: "Visita científica a Santiago de Compostela".
  • O pasado 03-03-2017 un grupo de 4º ESO do IES A Paralaia achegouse a Santiago de Compostela a facer unha visita científica organizada polos departamentos de matemáticas e bioloxía.
  • Comezou a visita acudindo ó Museo de Historia Natural da USC.
  • Logo achegámonos á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica onde o Profesor Ángel Carracedo nos recibiu e de seguido fixemos unha visita guiada polo  Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) . 
  • Xa logo do xantar, acudimos á facultade de matemáticas onde a profesora María Elena Vázquez Abal nos deu unha charla sobre "As matemáticas dos mapas".
  • Ligazón á galería de fotos
 
  • 11, 16 e 17/04/2018
  • Actividades sobre a diversidade afectivo-sexual.
  • Partindo da idea de que a escola ten unha función social  na formación integral das persoas, dentro do Plan de Convivencia do noso centro damos especial importancia a educar no respecto á diversidade afectivo-sexual ligada a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.
  • Como escola inclusiva, dacordo coa Lei 2/2014, é importante que o noso alumnado desenvolva pautas non discriminatorias por razón de identidade de xénero.
  • Co obxectivo de garantir o libre exercicio da identidade sexual e de xénero de todos os membros da comunidade educativa, organízanse as seguintes charlas-coloquios para o alumnado de 3º, 4º  da ESO e 1º de Bacharelato.
  • A ORGANIZACIÓN será a seguinte:
    • 11/04/2018: Charla coloquio
      • Charla-Coloquio a cargo de Ana Ojea, profesora do IES Politécnico de Vigo, membro da asociación “Nos Mesmas” e un grupo de alumnos/as do mesmo para contarnos as súas experiencias.
    • 16 e 17/04/2018: Charlas Diversidade afectivo sexual  e de Xénero en centros educativos.
      • A cargo de Raquel  Cordeiro, voluntaria da asociación NÓS MESMAS, con formación específica en xénero e diversidade afectivo-sexual, con experiencia na impartición de formación na secundaria, bacharelato e FP.
      • O OBXECTIVO é: Informar sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero (colectivo LGTBI) e previr situacións de conflito e acoso nas aulas derivadas da orientación sexual ou identidade de xénero do alumnado.
      • TEMAS A TRATAR:
        • Aclaración de conceptos: sexo, xénero, orientación sexual e identidade de xénero (Lesbiana,Gai, Bisexual,Transexual, Intersexual...)
        • Dereitos humanos.
        • Acoso escolar LGTBfóbico (termo referente a discriminacións das persoas Lesbianas, Gais,Transexuais e Bisexuais), detección e posibles actuacións.
  • Ligazón á galería de fotos da actividade.
  • 17..19/04/2018
  • Taller de primeiros auxilios.
  • O departamento de orientación ten organizados uns obradoiros de primeros auxilios para alumnado do primeiro ciclo la ESO (1º,2º y 3º).
  • A actividade terá lugar na sá de usos múltiples.
  • 13/04/2018
  • Excursión para ver as igrexas románicas da zona.
  • O vindeiro día 13 de abril desenvolverase a actividade prevista para o pasado día 23 de marzo, posposta por razóns meteorolóxicas.
  • 06/04/2018
  • Obradoiro de lingua portuguesa.
  • O día 6 de abril haberá un obradoiro de lingua portuguesa para todo o alumnado de 2º ESO. Celebrarase no instituto e haberá dúas sesións: de 9:20 a 11:00 e de 11:30 a 13:10.
  • Organiza o departamento de Lingua Galega.
  • 04/04/2018
  • Actividade do Clube Manga do centro.
  • O vindeiro 4 de abril, o alumnado pertencente ao Clube Manga do centro acudirán á "Xuntanza Manga" que se celebrará no Concello de Vigo.
  • 03/04/2018
  • Visita científica a Santiago de Compostela.
  • O alumnado de 4º da ESO, grupo A fará unha visita científica o vindeiro martes 3 de abril Santiago de Compostela.
  • Actividades a desenvolver:
    • Visita ao Museo de Ciencias Naturais.
    • Charla da profesora da USC de  María Elena Vázquez Abal na facultade de Matemáticas.
    • Charla polo profesor Ángel Carracedo e visita guiada polo mesmo ao Centro de Investigación Xenómica.
  • Organizan os departamentos de Bioloxía e Matemáticas.
  • 23/03/2018
  • Actividade de aproximación ao surf.
  • O vindeiro venres 23 de marzo, haberá unha charla e unha actividade práctica no pavillón para o alumnado de 3ºC ESO, en horario de 8:30 a 10:10. A proposta é unha aproximación ao surf, deporte enmarcado dentro das actividades no medio natural. Os outros dos grupos A e B, tamén a levan a cabo, pero no seu caso dentro das horas de educación física desa semana (Luns e mércores).
  • Organiza o departamento de Educación Física.
  • 22/03/2018
  • Charla “Marisqueo a Pé en Moaña”
  • O vindeiro xoves 22 de marzo os alumnos de 1º da ESO A, B e C asistirán á charla “Marisqueo a Pé en Moaña” impartida por membros do concello de Moaña. Esta actividade é organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
  • A conferencia terá lugar no salón de actos en horario de 12:20 a 13:10 horas.
  • Relacionado con esta actividade proximamente os alumnos terán a oportunidade de percorrer o intermareal da zona. Esta actividade dependerá do estado das mareas polo que a día de hoxe non podemos saber a data con exactitude. Avisaremos coa suficiente antelación.
  • 16/03/2018
  • Taller Odisea.
  • Este venres día 16 e o vindeiro venres 23 levarase no centro o TALLER ODISEA, adicado o alumnado de 2º de FPB, constará de dúas sesión cada día. As sesión versarán as Drogas, o autoconcepto, a autoestima e a Educación emocional.
  • O taller será dirixido polas técnicas da Asociación Erguete de Vigo Noa Pereiro López e Laura Durán González.
  • 15/03/2018
  • Actividade "Moaña na memoria".
  • Actividade dirixida ao alumnado de 3º da ESO e organizada por Damián Giménez, do departamento de Xeografía e Historia.
  • 22 e 23/03/2018
  • Excursión para ver as igrexas románicas da zona.
  • O departamento de Xeografía e Historia organiza para os días 22 e 23 de marzo unha saída para os tres segundos da ESO na que veremos as igrexas románicas da zona.
    A organización será a seguinte:
    - O xoves 22 de 9 a 11 da mañá irá:  2ºA + 13 alumnos de 2ºB acompañados por: Álvaro Rodríguez, Damián Giménez e Rebeca Llorente.
    - O venres 23 de 9 a 11 da maña irá: 2º C + 19 alunnos de 2º B acompañados por: Gena Balado, Mori Viéitez e Damián Giménez.
  • 09/03/2018
  • ANUNCIO: Prazas vacantes para o curso AFD "Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios".
  • Quedan 6 prazas vacantes para desempregados ou ocupados que teñan dispoñibilidade polas tardes para realizar o curso AFD ao que fai referencia o título deste anuncio.
  • Este curso aportará ao alumnado as seguintes competencias:
    • Montar e manter instalacións de telecomunicación de sinais de radiodifusión e TV tanto a través de antena como a través de fibra óptica.
    • Montar e manter instalacións de telfonía e de comunicación de datos en edificios.
    • Ao final do curso o alumnado realizará unha fase de prácticas en empresas.
  • As persoas interesadas no mesmo, débense por en contacto co IES Plurilingüe A Paralaia ben telefónicamente (886 12 03 54) ou de xeito presencial á maior brevidade posible.
  • 15/03/2018
  • Videoconferencia en conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
  • O vindeiro  xoves, 15 de marzo- Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, o alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa e 1º CS de Administración e Finanzas participará na videoconferencia organizada pola Escola Galega de Consumo  “Coñece os teus dereitos como persoa consumidora”.
  • Durante a mesma falarase dos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, usando exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo,  consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación.
  • 14/03/2018
  • Actividade de teatro galego para o alumnado de 1º da ESO.
  • O vindeiro 14 de marzo ás 12:00 horas o alumnado de 1º ESO asistirá á representación teatral da peza Leonardo e os fontaneiros.
  • Organiza o departamento de galego.
  • 21/02/2018
  • Novidades na materia de Oratoria.
  • Como cada ano, temos a oportunidade de "viaxar" a distintos lugares do mundo, suxerindo cada grupo de traballo  á clase que a súa proposta é a mellor viaxe. Para convencernos, moitos dos grupos (axencias de viaxes) traen con eles doces dese país. Unha maneira sabrosa de empregar o discurso persuasivo!
  • Ademáis, continuamos como nos pasados anos, convidando a avós e avoas a acompañarnos uns minutos nunha clase de oratoria para escoitar de primeira man cómo era vivir en Moaña cando eran pequenos, astranadas que facían ou cómo era a súa escola, os seus profesores...E chóvenlles preguntas!
  • Nesta ocasión, un avó tróuxonos os seus antigos libros, unhas xoias de coleccionista que examinamos con moito coidado.
  • Ligazón á galería de fotos.
  • 01/03/2018
  • Nova convocatoria de becas Fundación SEPI.
  • A Fundación SEPI convoca as becas correspondentes ao Programa de iniciación na empresa para recén titulados universitarios e Técnicos Superiores de Formación Profesional cuxas características xerais se expoñen nas Bases da Convocatoria, que se atopan na seguinte ligazón:
  • Ligazón á web de SEPI.
  • 28/02/2018
  • Taller de elaboración de crêpes bretonas.
  • O próximo mércores 28 se realizará un taller de elaboración de crêpes bretonas co alumnado de 3º da ESO de Francés.
  • Ata o 09/03/2018
  • Campus científicos de verán.
  • Axudas para participar no Programa Campus Científicos de Veran para alumnado de Ensinanza Secundaria e Bacharelato durante o ano 2018. O prazo para presentar solicitudes de participación permanecerá aberto hasta as 15.00h do 9 de marzo.
  • Ligazón para ampliar esta información.
  • 21/02/2018
  • Publicación da lista de admitidos para o curso AFD 2017/106943 - Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios.
  • Ligazón á lista.
  • 21/02/2018
  • Día de Rosalía de Castro.
  • O 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Para celebrar o seu aniversario, e comprobar como a súa poesía segue viva, aquí tendes versións musicais de diferentes épocas e estilos.
  • Ligazón á lista de reprodución.
  • Ao final vai unha reportaxe da TVE sobre unha das súas composicións máis coñecidas: Negra sombra.
  • 01/03/2018 (posposta para o día 22/03/2018 por razóns climatolóxicas).
  • Xornada de orientación deportiva: carreira de orientación.
  • O Departamento de Educación Física organizará este curso unha actividade para todo alumnado de 4º de ESO, denominada "Xornada de orientación deportiva: carreira de orientación". Esta actividade é a fase final dun proceso no cal traballaron conceptos sobre o tema e levaron a cabo experiencias reais nun contorno coñecido como é o Centro. Agora é o momento de comprobar as súas competencias no tema nun contorno descoñecido.
    Esta actividade será levada a cabo o vindeiro Xoves 1 de Marzo de 8:45 a 13:45, nos arredores do lago Castiñeiras.
  • Ligazón ao cartaz da actividade.
  • 02 e 03/03/2018
  • Visita didáctica e concerto a Porto.
  • Os departamentos de música e lingua galega (portugués) organizamos unha visita didáctica e concerto entre o 2 e o 3 de marzo, para alumnado de portugués e música de diferentes cursos da ESO e bacharelato. Neses días realizaremos as seguintes actividades:
    • Venres día 2 (mañá): saída do instituto ás 8.30 e visita á cidade de Braga.
    • Venres día 2 (tarde e noite): actuación no Auditório Municipal de Vila Nova de Gaia, xunto coa Escola de Música do Perosinho.
    • Sábado día 3 (mañá e parte da tarde): visita ao centro de Porto. A hora prevista de volta ao instituto é entre 5:00 e 6:00 da tarde.
  • 16/02/2018
  • Visita ao recinto arqueolóxico de Campo Lameiro.
  • O venres 23 de febreiro farase a actividade cancelada o pasado 16 de febreiro.
  • Os alumnos de 1º ESO, acompañados polas profesoras de Galego e Xeografía e Historia, visitarán o recinto arqueolóxico de Campo Lameiro para coñecer un dos mellores conxuntos de petróglifos conservados  e outros  aspectos da  forma de vida na Idade do Bronce.
  • 19/02/2018
  • Charla sobre drogas e alcohol.
  • Ás 11.30 terá lugar no centro unha charla sobre DROGAS E ALCOHOL  a cargo de persoal da Garda Civil dentro Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centro educativos e nos seus contornos para alumnado de 3º ESO e FPB.
  • Organiza o Departamento de Orientación.
  • 19/02/2018
  • Charla sobre a convivencia e a mellora na segurridade nos centros educativos
  • Ás 12.20 terá lugar outra charla a cargo de persoal da Garda Civil dentro Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para alumnado de 4º ESO e FPB.
  • Organiza o Departamento de Orientación.
 
  • 15/02/2018
  • Publicación da galería de fotos da celebración do entroido.
  • O pasado venres día 9 celebráronse no centro diversas actividades relacionadas coa celebración do entroido.
  • Ligazón á galería de fotos do evento.
  • 07/02/2018
  • Publicación do número premiado no sorteo pro viaxe de fin de curso.
  • O gañador do sorteo das rifas pro viaxe fin de curso 4º ESO foi o número 405 que coincidiu cos tres últimos números do Cuponazo da ONCE do 26 de xaneiro de 2018.
  • O premio consiste en:
    • Cea para dúas persoas no Restaurante A Xunqueira, Meira-Moaña.
    • Experiencia Relax para dúas persoas no Hotel Spa Bienestar Moaña consistente en: aloxamento, almorzo, acceso ilimitado ó club termal e terapia termal.
  • Quen teña a rifa co número gañador ten que poñerse en contacto co IES Plurilingüe a Paralaia.
  • Se non aparece o premiado repetirase o sorteo ó mes seguinte.
 
  • 19 .. 23/02/2018
  • VII semada de consumo responsable
  • Entre o 19 e o 23 de febreiro, como en anos anteriores, celebrarase no noso centro a VII semana de consumo responsable, desenvolvéndose as seguintes actividades:
    • Obradoiro de reciclaxe de pantalóns vaqueiros.
    • Obradoiro de fabricación de trampas contra a vespa velutina.
    • Obradoiro de elaboración de xabón con aceite reutilizado.
    • Obradoiro de percusión con instrumentos reciclados a cargo de Didier Díaz, de Eco Percusión.
    • Obradoiro de reciclaxe de bolsas de plástico.
    • Obradoiro de reciclaxe de calcetíns.
  • 16/02/2018
  • Visita didáctica de alumnado de mecanizado a empresas do sector.
  • O alumnado de FP Básica e de CM de mecanizado visitarán unha empresa do sector metal compoñentes e outra do sector naval.
  • 20/02/2018
  • Concerto didáctico de jazz.
  • O alumnado de 3ºESO A, 3º ESO B, 3º ESO C, asistirán o martes 20 de Febreiro a un concerto didáctico de jazz , no IES  As Barxas, a cargo de Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet.
  • Este concerto terá un enfoque totalmente didáctico, xa que darán a coñecer as características do saxofón, guitarra, batería e contrabaixo, farán un percorrido breve sobre a historia do jazz, incidirán na importancia da improvisación,  e finalmente deleitarán ao noso alumnado con pezas como “Caravan”, “ Things aint what they used to be”, “ Take the A train”, “ In a sentimental mood”, etc.
  • Ligazóns a fotos e vídeos do evento:
  • 08/02/2018
  • Conferencia sobre ingreso e desenvolvemento profesional da carreira militar.
  • O vindeiro día 8 de FEBREIRO DE 9.20-11.00 terá lugar no centro unha CONFERENCIA sobre INGRESO E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DA CARREIRA MILITAR a cargo do Xefe de Reclutamento CÉSAR BARROS.
  • DESTINATARIOS: Alumnado de FORMACIÓN PROFESIONAL.(FPB, CM Y CS)
  • Ademáis poderá acudir alumnado DE 4º ESO E BACHARELATO que poidan estar interesados.
  • 07/02/2018
  • IX Olimpíada de Xeoloxía.
  • O alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistirán á IX Olimpíada de Xeoloxía.
  • Esta actividade está convocada pola AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
  • Ligazón para ampliar esta información.
  • 26/02 .. 02/03/2018
  • Conmemoración da semana da muller.
  • A organización dos actos de conmemoración da semana da muller propón a visualización de documentais que teñen a muller como centro: muller e industria, muller e mar, etc etc.
  • Na seguinte ligazón pódense visualizar algúns que se estiman interesantes.
  • Ligazón a documentarios sobre mulleres galegos.
  • 26/02 .. 02/03/2018
  • Conmemoración da semana da muller.
  • Varios departamentos, coordinados polo EDNL e coa colaboración de alumnado de diversas clases, están a preparar unha SEMANA DA MULLER que terá lugar no noso centro dende o 26 de febreiro ata o 2 de marzo. Alongaráse con visitas a unha exposición no concello, dos días 5 ó 16 de marzo.
  • Na Semana da muller contaremos con obradoiros de pintura e danza e con charlas dos máis variados temas, impartidas por mulleres eminentes na súa profesión: Belén Fervenza, bióloga e agricultora, Marisa Castro, científica da Uvigo, Montse Fajardo, investigadora e xornalista, Xiana Vila, coreógrafa e bailarina,  Chus Vázquez, pintora e algunha colaboración máis que se está concretando nestes días.
  • 29/01/2018
  • Actividade de cine en Lingua Castelá
  • Alumnos de 4º ESO B están realizando unha actividade de cine en Lingua Castelá coa profesora Carmen Pérez.

  • Onte, luns día 29 de xaneiro, saíron ó río de Rialdarca a gravar escenas de exterior para a curtametraxe. Esta é unha versión dun poema de Antonio Machado que escolleu a clase entre varios propostos. O alumnado ocupouse da maquillaxe, do vestuario, do atrezzo, de buscar as localizacións, de escribir o guión e de gravar. E por suposto, de dirixir a gravación. Tamén gravaron o "making off", do cal podedes ver algunhas fotos. Tamén será a clase quen realizará a montaxe da curta.

  • En canto estea listo, poderase ver nas páxinas do IES.

  • Ligazón á galería de fotos do desenvolvemento da actividade nesta data.
  • 05/02/2018

  • Obradoiro de oratoria no mundo laboral.
  • O vindeiro luns, 5 de febreiro de 16:00 a 18:30 h, o alumnado de 1º CSA e 2º CMXA participará no obradoiro de “Oratoria no mundo laboral” que impartirá o especialista  Iván Olmos Ferreiro, "Subcampión Mundial de Discursos en Español"  e "Segundo mellor orador do mundo 2017".
  • Ligazón á bibliografía de Iván Olmos Ferreiro.
  • Ligazón a unha foto da actividade.
  • 06/02/2018

  • Visita didáctica a A Coruña.
  • Os dous grupos de 4º da ESO.
  • Visitarán:
    • Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán.
    • Real Academia Galega,.
    • Acuario e Torre de Hércules.
  • Organizan o Dpto. de Lingua Castelá e EDNL.
  • Memoria da actividade:
    • Este mes os 4º da ESO tiveron ocasión, como cada ano, de visitar a casa museo de Emilia Pardo Bazán na Coruña e a Real Academia Galega. A obra de Pardo Bazán estúdase dentro do Realismo na materia de Lingua castelá e foi unha forma moi instructiva e interesante de rematar este tema. Pola tarde, visitaron o acuario. Nas fotos podedes ver un dos grupos na sala magna da RAG e nunha das salas da casa, que conserva todos os obxectos persoais e a biblioteca privada de Dona Emilia.
  • Ligazón á galería de fotos.
  • 05/02/2018

  • Obradoiro de oratoria.
  • O luns día 5 de febreiro vai vir un experto en comunicación oral para impartir, coma todos os anos, un obradoiro de oratoria ó alumnado que tén esta materia.
  • Organizan o Dpto. de Lingua Castelá e EDNL
  • 26/01/2018

  • Primeiro obradoiro de escrita teatral da Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo.
  • O vindeiro venres 26 de xaneiro, de 18:00 – 20:00h, desenvolverase no noso centro o primeiro  dos  obradoiros de escrita teatral da Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo.
  • Participarán 15 alumnos/as de tres dos centros participantes na Mostra: IES As Barxas, Colexio San Narciso e IES Plurilingüe A Paralaia.
  • As sesións serán impartidas por dúas persoas de recoñecida traxectoria no eido da dramaturxia como son Fran Godón e Vanesa Sotelo e os obxectivos son crear un espazo para o desenvolvemento da expresión escrita, dotar de ferramentas dramatúrxicas aos  participantes e promover o intercambio entre os centros e o seu alumnado.
  • 11/01/2018

  • Conferencia coloquio "A actividade emprendedora como chave pra o teu futuro".
  • O próximo xoves, 11 de xaneiro o alumnado de 2º dos ciclos de formación profesional participarán na actividade: “A actividade emprendedora como chave para o teu futuro” encadrada dentro do programa “Eduemprende Actúa”.
  • Na actividade participarán:
    • Como presentador e coordinador da actividade un técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
    • Como emprendedor Raúl Fervenza Piñeiro, representante legal da empresa  “AERIS  METAL -  MECANIZADO DE PRECISIÓN, SLU” que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal.
  • Para rematar realizaremos un debate compartindo os distintos puntos de vista e lanzando preguntas  para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado.
  • 21/12/2017

  • NESTE TRIMESTRE O GRUPO DE 1º ESO C GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO DE DESEÑO DA PORTA DA AULA CON MOTIVOS E LEMAS RELACIONADOS CO SAMAÍN. DAMOS OS PARABÉNS Ó GRUPO VENCEDOR, QUE ESTA SEMANA PUIDO DISFRUTAR DO SEU PREMIO: UN ALMORZO BEN BO NA CAFETERÍA DO INSTITUTO, NO QUE NON FALTARON DOCES, E BAILES E CANCIÓNS!

  • 20/12/2017

  • Visita ao Parlamento de Galicia do alumnado de Administrativo.
  • O próximo mércores 20 de decembro o alumnado de 1º CS Administración e finanzas e 2º CM Xestión administrativa visitarán o Parlamento en Santiago de Compostela.
  • 20/12/2017

  • Charla de Roberto Salgueiro dirixida ao alumnado do grupo de teatro.
  • O próximo mércores, 20 de decembro, o alumnado do grupo de teatro asistirá á charla que Roberto Salgueiro, autor teatral e director da Aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 14/12/2017 ás 19:00h

  • Charla interactiva para as familias: “A AUTOESTIMA DOS NOSOS FILLOS COMO BASE DUN CRECEMENTO EQUILIBRADO”.
  • Estamos a prestar a atención necesaria á autoestima dos nosos fillos? E a nosa como pais? Como podemos educar para que a autoestima de todos saia beneficiada? Como inflúe a autoestima na prevención de condutas non desexadas?
  • Estas e outras preguntas serán a base da charla interactiva na que as familias, guiadas pola poñente, atoparán as respostas axeitadas en función das súas propias necesidades.
  • A charla será guiada pola Terapeuta Educativa MARTA LLOVES PEQUEÑO, Coordinadora do Programa de Prevención da Asociación ÉRGUETE de Vigo, Profesora de Educación Primaria e Educación Especial, Formadora de Educadores e Especialista en traballo coas familias.
  • 18/12/2017

  • Membros do Club Manga asistirán a unha xuntanza no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
  • O vindeiro Luns 18 de Decembro algúns membros do Club Manga asistirán a unha xuntanza ao IES Alexandre Bóveda de Vigo. A viaxe farase nun autobús compartido con alumnos membros dos Clubs Manga do IES As Barxas de Moaña e o IES María Soliño de Cangas.
  • Xa no Alexandre Bóveda, desenvolveranse moitas actividades relacionadas co Manga e o Anime. O alumnado tamén participará en torneos de Magic, concurso de talentos, Yincana, Random K-Pop challenge, karaoke, pictionary e charlas do alumnado sobre temas do seu interese.
 
  • 30/11/2017

  • O xoves 30 de novembro recibiremos a Tomás González Ahola, autor na novela Galiza mutante. Poder Nuclear!
  • Os compoñentes do clube de lectura que leron esta obra ambientada nunha Galiza distópica e pos-apocalíptica poderán  nese día intercambiarán opinións co autor do libro.
    Ademais, dará unha charla sobre literatura fantástica aos membros do Clube Manga, aproveitando unha exposición sobre o tema da editorial Urco que nestes días temos no noso centro.
  • 22/11/2017

  • Presentación do vídeo "COMEZA SEN DÚBIDAS NA PARALAIA".
  • O vindeiro mércores 22 de novembro ás 9:20 h  terá lugar a presentación e visionado do vídeo “COMEZA SEN DÚBIDAS NA PARALAIA” elaborado por Ana Bost Frau  no que participaron o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos ao IES Plurilingüe a Paralaia (CEIP Abelendo, CEIP Plurilingüe Tirán, CEIP Seara e CEIP Quintela).E que a día de hoxe son os nosos alumnos de 1º da ESO.
  • Dentro do proxecto educativo do IES Plurilingüe a Paralaia, esta actividade forma parte dun conxunto que teñen como finalidade acoller da maneira mais axeitada ao alumnado que ven por primeira vez ao centro. Entre outras actividades tamén se encontran as xornadas de achegamento que realizamos trimestralmente, xornadas de portas abertas, etc; que se levan a cabo dende o Departamento de Orientación e o Equipo de Convivencia, que contan coa colaboración de todo o persoal do centro.
    Esta actividade trata de dar resposta ás dúbidas que os rapaces  poidan ter antes de vir ao centro, para elo,  quen mellor para dar resposta que o propio alumnado do centro.
  • A necesidade de facer este vídeo naceu da importancia que dende o centro lle damos a que o alumnado de nova incorporación faga a transición da forma mais cómoda, e esta non supoña ningunha dificultade.
  • 19 .. 25/11/2017

  • 25 alumnos de 1º da ESO participan nun campamento de inmersión lingüística en inglés.
  • 25 alumnos e alumnas de 1º ESO do IES Plurilingüe A Paralaia saíron para El Guijo (Salamanca), onde van estar nun campamento de fala Inglesa entre as datas do 19 ó 25 de novembro.
  • Foron acompañados de dúas profesoras: Rosa García, de Inglés, e Rocío Costa, de Ciencias Naturais.
  • Alí realizarán unha serie de actividades programadas polo Departamento de Ciencias Naturais e Inglés que se concretaron nun proxecto que se presentou ó Ministerio de Educación Cultura e Deporte e que foi seleccionado xunto con outros 30 centros de todo España, sendo como se pode ver o único de Galicia o que se lle concedeu a inmersión para alumnado de 1º ESO.
  • Ligazón a noticia aparecida en Faro de Vigo o 21/11/2017.
  • Ver galería de fotos.
  • Ligazón ao vídeo elaborado durante a actividade.
  • Participación de parte do alumnado do centro na actividade do Concello "Aprende  Moaña".

  • Distintas clases do noso centro participarán, un ano máis, nas actividades propostas polo concello "Aprende Moaña" e coordinadas polo noso EDNL sobre aspectos do concello, como arte, marisqueo, a historia de Moaña, etc. Iremos dando conta da nosa participación puntualmente.
  • Novo grupo de teatro do centro.

  • A profesora Lucía Iglesias Fervenza, membro do departamento de lingua castelá e membro tamén do EDNL, vén de formar o grupo de teatro do instituto. O EDNL colaborará mediante pequenos obradoiros de voz en distintos momentos do traballo das actoras e actores.
  • 25/11/2017

  • Conmemoración do día da violencia de xénero.
  • O IES A Paralaia e o resto dos centros educativos do concello, colabrarán co concello na conmemoriación do Día da violencia de xénero (25 de novembro) con actividades durante a vindeira semana, que rematará no salón de plenos o día 24, no cal se reunirán varias mostras dos traballos realizados nos centros. A parte visible do noso traballo formará parte dunha exposición no noso centro e no concello. O alumnado e o profesorado recibirá pulseiras alusivas para axudar á concienciación da sociedade.
  • Novembro 2017

  • Un novo ano, o EDNL comeza a facer actividades. Temos novo equipo e o alumnado que aínda non se apuntou, e lle apeteza colaborar de cando en vez, pode facelo ata decembro. Invitamos a todo o alumnado a seguir a nova conta de instagram do EDNL, Conversas na Paralaia. Neste momento estáse facendo un concurso de decoración de portas terroríficas polo Samaín, con debuxos e frases que arrepían o corpo! Dado o suceso do ano pasado, decidimos repetilo, e as mostras xa están á vista. A semana vindeira faremos público a clase gañadora.
  • 20/11 .. 21/12/2017

  • Campaña de nadal de recollida de alimentos.
  • Por estas datas, como todos os anos, colaboramos con Cáritas Moaña na recollida de alimentos para a xente mais necesitada da nosa vila.
  • Nesta ocasión pedimos a aportación, se é posible, dos seguintes alimentos:
    • Leite.
    • Aceite.
    • Comida precociñada (garabanzos, lentellas, fabas, etc.).
    • Latas: conservas, verduras, fabada, albóndigas, etc).
  • Facemos un chamamento á colaboración.
  • O lugar para depositar os alimentos é en cafetería ao pé da nosa "Vaca Paralaia".
  • 17/11/217

  • Conmemoración do "Día mundial da filosofía".
  • O día 17 de Novembro celébrase o DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA. Con tal motivo e co pretexto de visibilizar esta materia,  faranse una serie de actuacións que pasan por: un GRAFITI MURAL co lema “PENSO, LOGO ESTORBO” elaborado polo alumnado no patio, un coloquio para 1º de bacharelato e alumnado de 4º da ESO acerca da experiencia filosófica con VERA SANTOMÉ ( 2ª clasificada na Olimpíada Filosófica do ano pasado) e MARTÍN FERNÁNDEZ, exalumno do Paralaia e que cursa o Grao de Filosofía.
  • Gustaríanos que achegárades as vosas reflexións ou frases célebres con contido filosófico. Para isto, dispúxose un mural na planta baixa a modo de “grafiti filosófico”.
  • Ligazón a vídeo do desenvolvemento da actividade.
 
  • 13/11/2017

  • CHARLA-TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS E MANEXO DE EXTINTORES.
  • O vindeiro luns, celebrarase unha Charla-Taller sobre como actuar en supostos de primeiros auxilios e manexo de extintores, impartida por D. Ricardo Olabegoya e organizada polo departamento de FOL.
  • 10/11/2017

  • CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E XORNADA DE ACHEGAMENTO DO ALUMNADO DOS COLEXIOS ADSCRITOS.
  • O próximo venres, 10 de novembro, celebraremos o Magosto e a  Xornada de Achegamento co alumnado dos colexios adscritos ó noso centro: CEIP Abelendo, CEIP Quintela, CEIP Seara e CEIP Tirán.
  • Programa:
    • 11:00h a 12:00h Recreo e asado de castañas.
    • 12:00h a 13:00h Festival musical. Actuacións do alumnado visitante, do noso alumnado de 1º da ESO e un grupo de gaitas.
    • 13:00h a 14:00h Zumba.
  • 31/10/2017

  • XORNADA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  • O Departamento de Educación Física organizará este ano unha actividade para todo alumnado de 1º de Bacharelato, denominada "Xornada de orientación deportiva: carreira de orientación", consistente na realización dunha carreira polo monte na procura dunha serie de balizas agochadas previamente e coa única axuda dun mapa, un compás e os seus coñecementos adquiridos na aula.
  • Esta actividade é a fase final dun proceso no cal traballaron conceptos sobre o tema e levaron a cabo experiencias reais nun contorno coñecido como é o Centro. Agora é o momento de comprobar as súas competencias no tema nun contorno descoñecido.
  • Esta actividade será levada a cabo  nos arredores do lago Castiñeiras.
 
  • 26/10/2017

  • RESEÑA PUBLICADA NA WEB CONOTRACLASE DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO.
  • Conotraclase es "Es un proyecto cooperativo abierto que pretende dar voz y agrupar aquellas iniciativas que nacen del entusiasmo de los profesionales de la educación que deciden dar un giro metodológico en su aula y salir de la monótona clase magistral. Algunos utilizarán las TIC, otros simplemente, cambiarán la forma de enseñar para convertirse en mediadores activos del proceso de aprendizaje de sus alumnos.
  • Es una ventana abierta por donde entrarán noticias de actualidad, formación, proyectos, animación a la lectura y  experiencias de formación profesional y actividades de todo tipo que se lleven a cabo de forma innovadora.
  • Ligazón á reseña.
  • 05/04/2017

  • ACTIVIDADE DE MAPEO DENTRO DA VI SEMANA DE CONSUMO RESPONSABLE.
  • Este video recolle a actividade de mapeo realizada o pasado 5 de abril polo equipo do Estudio Rurban dentro das actividades da VI Semana de Consumo Responsable do IES Plurilingüe A Paralaia. Ao longo dunha mañá guiaron aos estudantes de primeiro de bachalerato polas rúas do dentro histórico lineal de Moaña, dende San Martiño ata a Praza de Abastos. Ao longo do percorrido os diferentes grupos debían pór a mirada naqueles elementos que permitían analizar mobilidade, a arquitectura tradicional e moderna e espazos verdes. Ao rematar a ruta o grupo conversou diante dun gran panel recolector de datos ubicado na Biblioteca Municipal de Quintela.
    Agradecemos a Martín e María, do Estudio Rurban, o seu traballo e nos sumamos aos agradecementos que eles extenden a Natalia Veiga pola colaboración na mediación da actividade e a Sainza Rodal polo apoio no rexistro gráfico e edición de video.
  • Ligazón ao vídeo.
  • 17/10/2017

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUIDO PARA O CURSO DE MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL (ELEM0311).
  • Ligazón á listaxe.
  • 02/11/2017

  • VISITA AO MUSEO DO MAR DO ALUMNADO DE 3º DA ESO E 1º BACHARELATO
  • O Pergamiño Vindel recolle as sete cantigas do poeta medieval Martín Codax.  Logo de 40 anos depositado na Morgan Library & Museum de Nova York, volta a Galicia, ao territorio que serviu de inspiración para os seus versos, onde se exhibe por vez primeira. O alumnado de 1º de bacharelato e terceiro da ESO visitará o día 2 de novembro  a exposición que o Museo do Mar de Vigo organizou por este motivo, nunha actividade organizada conxuntamente polos departamentos de Música e Lingua galega.
  • Ligazón á galería de fotos.
  • 02/09/2017

  • PRESENTACIÓN OFICIAL DO CURSO 2017/18
  • O vindeiro luns,  2 de outubro, terá lugar na sala de actos do centro a presentación oficial do curso 2017-2018.
  • Esta correrá a cargo da Dirección e do Departamento de Orientación; ó rematar a presentación poderedes coñecer e manter un primeiro contacto cos titores/as dos distintos grupos.
  • O horario será o seguinte:
    • 19:00h     1º e 3º da ESO.
    • 19:30h     2º e 4º da ESO.
    • 20:00h     1º FP Básica, Bacharelatos e 1º de Ciclos Medios.
  • Ligazón ao calendario escolar do curso 2017/18.
  • INICIO DE CURSO 2017/18

    • ACTO DE PRESENTACIÓN
      • ESO                                                              Venres 15 ás 12:00h
      • BACHARELATO                                               Venres 15 ás 13:15h
      • FP BÁSICA                                                     Venres 15 ás 13:00h
      • CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL                 Luns 18 ás 12:00h
      • ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS (EBI I)           Luns 18 ás 17:00h
      • ESA (EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS   Luns 25 ás 18:30h
    • SERVIZO DE TRANSPORTE
      • VENRES 15:
        • RECOLLIDA: O alumnado, tanto de ESO como de Bacharelato, que desexe facer uso do transporte escolar deberá estar nas paradas coa antelación habitual (a partir das 11:25h) tendo en conta que as rutas inícianse con 35 minutos de antelación á chegada ó centro dos de ESO.
        • REGRESO: Os autobuses sairán de volta ás 14:00h.
      • LUNS 18:
        • O trasporte realizará as rutas únicamente a primeira hora da mañá, con chegada ó centro para o comezo das clases en horario habitual de 08:30h a 14:00h.
        • O horario de estadía nas paradas debe ser a partir das 07:55h, que é a hora de partida dos autobuses da primeira parada.
  • 01/09/2017

  • Listaxe de libros de texto para o curso 2017-18
  • Ligazón á listaxe.
  • Nota: Na listaxe, os libros marcados como "recomendados" non son de uso obrigatorio.