Deportes, Música, Taboleiro, Certames

mail art Antonio Fraguas

 

Non deixes de consultar o blog do proxecto de arte postal sobre cultura tradicional e Antonio Fraguas. Verás todas as obras que nos van chegando.

 

Programa Orienta

Podes descargar aquí o programa comprimido e instalalo no teu equipo.

Aquí tes o acceso on-line.

 

Departamento de Lingua Galega. Alumnos coa materia pendente

O día 23 de xaneiro de 2019 ás 16.15 h terá lugar a primeira proba de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Nos taboleiros do centro ofrécese información da materia que entra neste primeiro exame (Todo o alumnado foi xa informado persoalmente).

 

O segundo exame será o 3 de abril de 2019 tamén ás 16.15 h

Mención de Honor no "Certamen Ciceronianum" para o noso alumno Enrique Salvado

Enrique Salvado Vigo de 2º Bacharelato C obtivo unha Mención de Honor no "Certamen Ciceronianum" celebrado na localidade de Arpino en Italia na que participaron 166 alumnos de países europeos. Só outros catro alumnos españois acadaran un premio nas 37 edicións anteriores do certame, e é o primeiro galego en conseguilo.Enrique xa conseguira gañar a fase galega e española do mesmo certame.

Parabéns

 

2º PREMIO no Concurso de micro-relatos de VIAQUA

 
 
 
Un ano máis, un alumno do IES Antonio Fraguas resulta premiado no Concurso de micro-relatos que organiza VIAQUA.
Distribuir contido