You are hereExames Setembro 2020

Exames Setembro 2020


By encisa - Posted on 08 Xullo 2020

 

Salvo que as autoridades sanitarias indiquen o contrario, os exames de setembro 2020 serán presenciais, coas debidas proteccións (máscara facial obrigatoria no interior do instituto, distancias entre cada posto e xel hidroalcólico, así como calquera outra que determinen as autoridades sanitarias). No caso de que a situación sanitaria obrigara a que non foran presenciais, anunciaríase un sistema alternativo.

 

Nota: o alumnado de 4º ESO e 2º Bach que conseguiu o título correspondente na convocatoria de xuño, con materias suspensas, xa concluíu a etapa e polo tanto non poderá presentarse ás materias suspensas na convocatoria de setembro.

 

Preme aquí para acceder ao calendario de exames de setembro.

 

 

Publicación das notas (exames setembro) a través de Abalar:

Xoves 3 de setembro ás 20:00

  

Atención presencial ao alumnado (examinado en setembro) por parte do profesorado:

Venres 4 de setembro de 10:00 a 13:00

O acceso do alumnado realizarase por orde de chegada e cun máximo dun/dunha alumno/a e acompañante por cada profesor/a (como en xuño). Obrigatorio o uso da máscara facial en todo momento no interior do edificio.

 

 Prazo de reclamación ás cualificacións de setembro:

Venres 4 e Luns 7 de setembro, de 9:00 a 14:00

 

 Prazo de matrícula de setembro:

SÓ PARA ALUMNADO QUE REPITE CURSO ou que por algún motivo non realizara a matrícula previamente (novo alumnado non matriculado previamente,...).

do 4 ao 10 de setembro (de 9:00 a 14:00)

 

(non se establece cita previa por ser poucas matrículas, atenderase por orde de chegada na cabina individualizada)

semáforoCOVID

Curso 2020-21

Medidas COVID

 

Planos do centro

Accesos

1º BACHARELATO

Aula Virtual

 

Aulas telemáticas