You are herePrazo de Admisión (non de matrícula)

Prazo de Admisión (non de matrícula)


By encisa - Posted on 08 Maio 2020

Exclusivamente para a recollida de SOLICITUDES de PRAZA para alumnado NOVO, ábrese un acceso especial ao IES Antonio Fraguas dende o luns día 11 ata o luns 18, en horario de 10 a 13 horas, por orde da Xunta de Galicia.

IMPORTANTE: NON é un prazo de matrícula (a matrícula realizarase en xullo, xa avisaremos das datas exactas por curso), polo tanto NON TEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE O ALUMNADO DO CENTRO NIN O ALUMNADO PROCEDENTE DE 6º DE PRIMARIA DOS COLEXIOS ADSCRITOS (pois este alumnado xa ten praza reservada no centro).

Este prazo tiña lugar no mes de marzo e quedou interrumpido co estado de alarma. É para completar o prazo de admisión de alumnado ao que non lle corresponde o noso centro e que quere pedir praza.

 

Para garantizar a seguridade de todos/as, durante esas datas (Fase 1) non se poderá acudir ao interior do edificio baixo ningún motivo. Tan só atenderase ao público dende o acceso especial habilitado na porta de entrada (ver foto).

Para acceder á información de admisión preme aquí

semáforoCOVID

Medidas COVID

 

Aula Virtual

 

1º BACHARELATO

Curso 2020-21

Planos do centro

Accesos

Aulas telemáticas