You are herePremio Especial do Xurado

Premio Especial do Xurado


By encisa - Posted on 09 Xullo 2019


Un grupo de alumnos do Club de Ciencias do IES Antonio Fraguas veñen de gañar o “Premio especial do xurado” no reto “Boat4Schools”, celebrad no Acuapark de Cerceda.

 

Boat4Schools (http://boats4schools.eu/)  é un proxecto europeo coordinado en Galicia polo CPI de Cerceda, no que compiten centros de toda Europa, sendo as seguintes edicións en Porto e Venecia. Na edición de Cerceda participaron once equipos de diversos centros educativos de Galicia e Portugal. O reto consiste en que rapaces de entre 12 e 17 anos,  traballando en equipo, constrúan un pequeno barco movido por enerxías sustentables. Ao deseñar e construír o barco os estudantes póñense en contacto con varias materias e tecnoloxías dentro do ámbito STEM; como son o deseño e impresión 3D, física, matemática, programación e enxeñería.

Os alumnos do IES Antonio Fraguas participaron cun barco deseñado por eles usando un programa de CAD (Deseño asistido por ordenador) e impreso completamente coa impresora 3D do instituto. O deseño do barco e a defensa do proxecto, en inglés, diante do xurado (formado por científicos do CESGA, profesorado da Escola de Enxeñería Naval de Ferrol, e dous oficiais da armada)  foi valorado moi positivamente o que lle valeu para acadar o “Premio Especial do Xurado”.

semáforoCOVID

Medidas COVID

 

Aula Virtual

 

Curso 2020-21

Planos do centro

Accesos

Aulas telemáticas