PREMIOS CORRELINGUA 2018

A nosa alumna Rosalía Soto Rey, acompañada da súa clase de 3ºESO C, ven de gozar do 1º premio no concurso galego "Manifesto Correlingua", que gañaron nesta edición 2018.
 
O premio consistiu en dous días de estancia na casa rural de Alvarella, realizando actividades de tempo libre, como se pode apreciar nas fotografías.
 
Arriba, á dereita, Rosalía Soto Rey.
 
A profesora coordinadora da actividade foi Guadalupe García Prieto, de Lingua Galega.