8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


O equipo de Mediación (PROXECTO M) dentro das liñas de traballo do Plan de Convivencia levou a cabo estas actividades para o día 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.



- Elevar á Dirección do centro, para que posteriormente sexa levado a  Consello Escolar, unha proposta consistente en irlle dando ós distintos espazos do centro o nome dalgunha persoa relevante  e influínte. A idea foi comezar por unha muller, para conmemorar así o día 8 de marzo.

En cada clase tiñan que votar as candidatas e propoñer a máis votada.   Xúntase documento. Saiu elixida IRENA SENDLER.


- En segundo lugar, na entrada do IES fíxose unha exposición que consistiu en colgar prendas de roupa d epapel branco (aspectos positivos) e marrón (aspectos negativos como desigualdade, prexuízos...) para que todo o mundo aportase o que sentise ou pensase.
AdxuntoTamaño
mulleres.doc86.5 KB