Becas Inglés

Becas Inglés

BECAS INGLÉS

 

                Para o curso escolar 2013/14 o ANPA Solleiro otorgará dúas becas para a actividade de inglés, dirixidas a familias con poucos recursos económicos e implicadas na educación dos seus fillos.

 

Contido da Beca:

                Os beneficiarios terán dereito a acudir as clases de inglés que imparte o ANPA, durante este curso, de forma gratuita. 

 

Requisitos:

-          Ser socio do ANPA

-          Ser alumno da ESO no IES de Tomiño durante o presente curso

Prazo de solicitude:

-          Deberanse presentar as solicitudes antes do 31 de xaneiro do 2014 na sala do ANPA. Pódese recoller unha copia en conserxería ou baixala da web do instituto.

 

Valoración:

           Para otorgar a beca teranse en conta os seguintes puntos:

-          Terán preferencia familias con poucos recursos e familias numerosas.

-          Valorarase o interés do alumno.

Obrigas:

-          Os beneficiarios teñen a obriga de acudir as clases de inglés, salvo falta xustificada.

-          Deben comportarse de forma axeitada, atendendo e participando de forma normal.

Anulación:

-          Non cumprir as obrigas conleva a anulación da beca. Poden darse outras causas que se valorarán pola directiva do ANPA no seu caso.

 

Calquera situación que xurda será resolta pola Xunta Directiva do ANPA.

Na seguinte ligazón podes acceder ao:

IMPRESO DE SOLICITUDE


ANPA Solleiro I.E.S. de Tomiño

Tel. 644 333 664

anpasolleiro@hotmail.es

 

Distribuir contido