Na seguinte ligazón podes acceder ao boletín de preinscrición para o voluntariado da nosa Biblioteca. Anímate, contamos coa tua colaboración!!
Bo día
Na seguinte ligazón tedes a información e o formulario para a preinscrición no Club de Lectura, tanto de adultos como do alumnado, que como sabedes comeza a súa andaina neste curso 2020-2021.
https://opapasol.blogspot.com/2020/11/preinscricion-club-de-lectura-20202021.html
https://forms.gle/wm5eogBpaJS24Ufa7 (Ligazón directa ao fromulario)
Animádevos a participar e tamén a orientar ao alumnado interesado
Grazas
Fran Pérez, de nome artístico NARF é un compositor e intérprete santiagués que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.
Visitaranos o vindeiro 23 de Abril, para falar con nós e ofrecernos un pouco da súa música. Aquí tedes unha mostra da súa obra musical.
Estes días fallouse o Premio do Biblioconcurso que a Biblioteca organiza con motivo do Día do Libro (23 de abril) e tamén o Concurso de Fotografía. A seguir anunciamos os/as gañadores/as :
Gañaron o Biblioconcurso:
categoría A: Marta Alén Jorge, 2ºD
categoría B: Sara Vidal Maneiro, 4º D
categoría C: Alicia Martínez Fernández, 2º bac A
categoría D: Xosé Lois Refoxos, profesor de Lingua
Gañaron o Concurso LeFoto
categoría A: Fabiana Villarroel Rodríguez, 1ºESO-A
categoría B: Fátima Martínez Pereira, 2ºbac-A
categoría C: Carmen Villanueva, profesora de Física
A entrega de Premios será o sábado 4 de xuño, durante a Xornada de Portas Abertas. Proximamente anunciarase a que hora exactamente; no caso de non poderen vir recoller o Premio ese día, póñanse en contacto coa coordinadora da Biblioteca, Puri Ameixide.
(fotografía gañadora na categoría B)