Skip to Content

Avisos

Información sobre ordenadores Edixgal

 

O alumnado de 1º a 4º da ESO conta co proxecto Edixgal. No seguinte enlace pódese descargar o Folleto informativo para as familias (curso 2023-2024) no que se explican todos aspectos relativos a este proxecto, dende boas prácticas e responsabilidade dos usuarios para o uso correcto do ordenador ata sobre o xeito de proceder en caso de avarías. Tamén se recolle a opción de facer un seguro opcional e da súa cobertura.

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo técnico de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias e co que se contactará en caso de avaría:

 

Probas de acreditación de nivel en linguas estranxeiras

 

A Xunta vén de convocar as probas de cerfitificación en linguas estranxeiras coas que o alumnado ten a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, que preferentemente será a lingua que cursa como 1ª lingua estranxeira. 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

REUNIÓN COAS FAMILIAS

 

O vindeiro luns 18 de setembro terá lugar a recepción de familias onde poderedes coñecer ao profesorado titor. Na reunión cada titor/a dará información xeral relativa ao centro,  calendarios, funcionamento, etc. Aconsellamos que vos cercioredes do grupo no que se atopan os vosos fillos e fillas para ir directamente á aula de referencia.

A reunión do alumnado da ESO e de Bacharelato terá lugar ás 18:30h.

As reunións do alumnado de Ciclos ás 19:00h. 

HORARIO DE VERÁN

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTO 

Durante o mes de agosto, o servizo de atención ao público será por medio do seguinte correo electrónico:ies.anton.alonso.rios@edu.xunta.gal

 Aquelas persoas que precisen un certificado de carácter urxente poderán poñerse en contacto por esta vía para solicitalo.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O novo curso escolar 2023-2024 iniciarase o 12 setembro. Achegarase máis información ao comezo do nomeado mes.

Grazas e bo verán.

Enquisa de convivencia escolar 2023

Enquisa de diagnose da convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Para que as familias poidan participar, o procedemento é o seguinte:

1. O alumnado levará aos seus domicilios un impreso cunha clave ou código.

2.  A nai / pai / responsable accederá ao sitio web onde se atopa a enquisa https://edu.xunta.gal/convfamil

Distribuir contido


by Dr. Radut