Os alumnos e alumnas de cuarto queren enviarvos unha mensaxe de positividade nestes días de confinamento: Don't Worry! Everything's gonna be alright!
Rubén de Sá Malheiro, Medalla de Ouro da categoría Jazz Junior na Dance World Cup Spain, celebrada do 24 ao 27 de marzo en Barcelona, e Primeiro Premio no Certame "Vigo Porté 2016", do 28 de abril. Ámbolos dous premios veñen acompañados de sendas Becas de Estudos nas máis prestixiosas institucións dedicadas á formación de bailaríns. Sendo unha delas, a Beca de Formación, por un ano, no Conservatorio Superior de Danza de Madrid.
Rubén que, na actualidade, cursa 2º de Bacharelato no IES de Tomiño, comezou a interesarse pola danza sendo moi pequeno. A súa paixón non sempre foi ben aceptada por tratarse dun bailarín home, pero isto, lonxe de amedrentalo, fíxoo máis forte e levouno a traballar arreo para acadar os seus obxectivos.
A partir do seu primeiro gran éxito, acadado en 2012 , como Mellor Bailarín dentro do Concurso Internacional “Danza en Vivo”, o seu talento ten sido recoñecido con numerosos premios a nivel nacional e internacional.
O gran soño de Rubén é chegar a ser un gran bailarín profesional e poder ensinar aos demais a beleza desta fantástica disciplina, e nos estamos seguros de que así será!
Noraboa, Rubén!!