Nos seguintes arquivos figuran os calendarios das probas escritas das materias pendentes da ESO, da convocatoria extraordinaria de Bacharelato e FPB.
Calendario extraordinarias FPB
No seguinte enlace podedes acceder á CONCRECIÓN CURRICULAR. CURSO 2022/2023 Criterios de avaliación, promoción e titulación.
ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2023/24
A partir do 1 de marzo ábrese o proceso de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao IES Antón Alonso Ríos nos diferentes cursos da ESO e Bacharelato e non procede dun centro de primaria adscrito. Indícase a continuación o calendario do proceso:
Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
Para máis información sobre o procedemento (prazos, xestión das solicitudes e documentación a presentar) pódese consultar admisiónalumnado ou de maneira máis xeral a Orde de 21 de outubro de 2022 que regula o novo proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autónomicos ou na aplicación da Consellería de Educación.
O IES Antón Alonso Ríos ofertas os seguintes cursos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2021/22.
FPB Electricidade e Electrónica.
FPB Agroxardinería e Composición Floral.
Ciclo Medio Aproveitamento e Conservacion do Medio Natural.
Ciclo Medio Instalacións de Telecomunicacións.
#FPGalicia
Na seguinte ligazon podedes acceder á ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.
No noso IES precisamos información sobre as linguas que se falan na nosa comunidade educativa, polo que queremos pedirlle aos pais, nais e titores legais do noso alumnado que cubran a seguinte enquisa.
Poden escoller se facelo en galego ou castelán. Soamente precisan facer clic nun dos enlaces que se indican aquí:
Enquisa en galego
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Na seguinte ligazón podes acceder aos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Incluimos tamén ligazón á solicitude.