Deportes

Actividade física no confinamento

No confinamento, a actividade física non parou para o IES Antón Alonso Ríos. Como proba, este vídeo no que vemos a parte dos nosos rapaces e rapazas facendo deporte.En tempos difíciles, vida saudable!

Ano de deporte

Este curso que remata, o noso centro seguiu a participar en competicións de deporte escolar coma en cursos anteriores.Abría a temporada o zonal de campo a través en Soutelo (Salceda), alí nos representou Alma que rematou en sétima posición e acadaba así unha praza para o campionato provincial que se disputaría no mes de xaneiro en Portas. No campionato provincial Alma, a pesar de estar convalecente dunha gripe, non quixo faltar e deuno todo para conseguir estar na metade da táboa de clasificación.Xa no segundo trimestre foi a quenda do bádminton. Neste curso tivemos a maior participación na competición individual dos últimos anos, participando un total de 20 alumnos, 12 de elas rapazas.

Gran fin de semana deportiva

Gran fin de semana dos nosos alumnos nos provinciais de bádminton e tenis de mesa. O sábado desprazouse unha expedición dun total de 20 alumnos do noso centro ao Pavillón Álvaro Pino de Ponteares formando parte dunha selección do Baixo Miño, e competindo baixo o nome de Agrudebam, agrupación deportiva á que pertence o noso centro. Tratábase dunha competición de bádminton por equipos na que cada equipo estaba formado por 5 ou 6 xogadores e debían enfrontarse individualmente cos membros do outro equipo. O gañador do partido sería o equipo que máis partidos individuais gañase. Os resultados para os nosos alumnos foron: 
Bronces para o equipo infantil femenino (Daniela, Jessica, Noelia, Laura, Noemi e Noelia), cadete feminino (Daniela, Carla, María, Yesenia, Lorena e Ariadna) e cadete masculino (Pedro, Alexandro, Rubén, Bruno e Lucas) e prata para infantil masculino (Hugo, Jesús, Borja, Xabier, Iván e Miguel). 
 
Sen tempo para celebrar os éxitos, o domingo desprazáronce 9 alumnos ata Cangas para disputar o campionato provincial de tenis de mesa.

Final zonal de tenis de mesa

O pasado mércores celebrouse a final zonal de tenis de mesa en Sobrada. O noso alumnado  desfrutou como nunca da xornada e obtiveron os primeiros postos da competición. Os resultados finais pódense consultar en www.agrudebam.es

 

Semana branca 2017

Nesta vídeo-montaxe podes ver as mellores imaxes da actividade "Semana branca" deste curso.



Iria Muñoz e Andrea Piñeiro, campioas provinciales

Iria Muñoz (1º ESO E) e Andrea Piñeiro (2º ESO D), compoñentes do equipo de Agrudebam (Agrupación deportiva á que pertence o noso centro) proclamáronse este fin de semana por equipos no campionato provincial de bádminton disputado en Ponteareas. 

 

Campionato multideporte

Campionato Multideporte IES de Tomiño 2015-2016

Xa temos gañadores do Campionato Multideporte

O Campionato estivo organizado pola profesora Ledicia e o alumnado de 2º de Electrónica,  e foi  patrocinado pola tenda de deportes “Lito Sports” de Tomiño. Durante os recreos do 1º e 2º trimestre, foron xogándose os diferentes partidos de brilé, baloncesto e fútbol, coa participación da maior parte do alumnado do IES e con gran éxito de público

Competición de voleibol

Este mércores rematou a competición de deporte escolar de voleibol, organizada por Agrudebam, na que participamos cun equipo infantil mixto xunto a un xogador do cole de Goián. Os nosos alumnos, despois de dúas xornadas xogando contra equipos alevíns dos diferentes coles da zona, enfrontáronse na final cunha selección alevín do Baixo Miño. A competición do equipo foi impecable, gañando todos os partidos. Ademais tiveron un comportamento exemplar axudando en todo momento á organización e arbitrando partidos nas tres xornadas que durou a competición. Parabéns a todos!!!!

Compoñentes do equipo:

Éxitos deportivos

O equipo da Categoría Cadete Feminino do IES Tomiño formado por: Sandra Álvarez Gómez, Anahí López Martínez, Gisela López Martínez e Andrea Piñeiro Fernández, ven de conseguir o subcampeonato de Campo a través zonal celebrado en Pazos de Reis este sábado 21 de novembro.

Este sábado 21 de novembro celebrouse nas instalaciòns de A Macoca en Tui a fase zonal de Campo a través de deporte escolar organizada pola Agrupación Deportiva Escolar do Baixo Miño (Agrudebam) no que participaron varios dos nosos alumnos. Destacar a actuavión das rapazas do equipo cadete feminino formado por Gisela (2°D), Anahí (2°B),  Sandra (2°B) e Andrea (2°D) que non puido correr por lesiòn. O esforzo das nosas alumnas viuse recompensado cun segundo posto por equipos. Tamén se desprazaron Àngel (1°D), Olalla (1°C) e Rodrigo (2°A) que competían de xeito individual por non ser suficientes para formar equipo nas súas categorías. Todos eles realizaron boas carreiras e despois puideron disfrutar da exhibición de mushing (canicross, bikejoring e patín) organizada pola profesora deste centro Ledicia Seoane.

Noraboa campionas!

Distribuir contido