Skip to Content

Gran fin de semana deportiva

Gran fin de semana dos nosos alumnos nos provinciais de bádminton e tenis de mesa. O sábado desprazouse unha expedición dun total de 20 alumnos do noso centro ao Pavillón Álvaro Pino de Ponteares formando parte dunha selección do Baixo Miño, e competindo baixo o nome de Agrudebam, agrupación deportiva á que pertence o noso centro. Tratábase dunha competición de bádminton por equipos na que cada equipo estaba formado por 5 ou 6 xogadores e debían enfrontarse individualmente cos membros do outro equipo. O gañador do partido sería o equipo que máis partidos individuais gañase. Os resultados para os nosos alumnos foron: 
Bronces para o equipo infantil femenino (Daniela, Jessica, Noelia, Laura, Noemi e Noelia), cadete feminino (Daniela, Carla, María, Yesenia, Lorena e Ariadna) e cadete masculino (Pedro, Alexandro, Rubén, Bruno e Lucas) e prata para infantil masculino (Hugo, Jesús, Borja, Xabier, Iván e Miguel). 
 
Sen tempo para celebrar os éxitos, o domingo desprazáronce 9 alumnos ata Cangas para disputar o campionato provincial de tenis de mesa. Esta competición era individual, e algún dos nosos repetirían o podio do día anterior como Pedro Carreira (bronce), Laura García (prata) e Noelia Rodríguez (bronce).
 
 


page | by Dr. Radut