Competición robótica 2017

Concurso de Robótica. Vigo, 4 de Abril de 2017

Un grupo de alumnas e alumnos do noso IES asistiu un ano máis ó Concurso de Robótica organizado por Igaciencia en Vigo.
A actividade comezou cun obradoiro interactivo,  conformado por unha serie de postos con un ordenador, e un pack lego, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar ao robot, familiarizándose coa linguaxe icónica de programación NXT.
Seguidamente realizaron unha serie de desafíos para resolver en grupo usando unha programación sinxela do robot
 Lego.