Skip to Content

Acadado o 3º premio na II Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial

 

O equipo formado polos alumnos de 1º ESO: Ariadna de la Santisima Trinidad Martínez (1º ESO B), Lara Vila Morán (1º ESO B), Ángel Vicente Fernández (1º ESO D), Mateo Matos Arcila (1º ESO D), David Villar García (1º ESO D) e Hugo Álvo Fraga (1º ESO D) acadou o 3º  Premio na categoría WALL-E na II Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, celebrado o pasado 29 de abril.

 

O equipo competiu frente a 66 equipos máis de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO de diferentes centros de secundaria.

Tiveron  que superar dúas probas e facer dous programas con mBlock MakeBlock.

Na primeira proba (Sigueliñas), o robot tiña que seguir una liña branca de catro metros de lonxitude sobre un fondo negro, no menor tempo posible. O equipo fixo o programa co sensor Line Follower, de maneira que cando o sensor mira a cor branca, o robot anda de frente, mentre que se o sensor mira a cor negra, o robot se despraza ata encontrar a cor branca.

Na segunda proba  (Sumo), o robot tiña que manterse nunha área negra delimitada por unha liña branca e procurar que ningún dos outros tres robot adversarios o empuxara fora da área. Para superar esta proba tamén se programou o sensor de maneira que o robot podería moverse libremente pola área negra pero cando o sensor mira  a cor branca, o robot anda para atrás e volve á área. Os alumnos fixeron un moi bo programa e conseguiron aumentar a  potencia do robot aumentando a velocidade dos motores.

A competición resultou moi interesante e divertida. Foi unha maneira de porse en contacto coa Universidade e coñecer a Escola de Enxeñería Industrial de Vigo á vez de familiarizarse, unha vez máis co mundo da Robótica e a Linguaxe de Programación.

Noraboa aos gañadores!!!

 


page | by Dr. Radut