Éxitos deportivos

O equipo da Categoría Cadete Feminino do IES Tomiño formado por: Sandra Álvarez Gómez, Anahí López Martínez, Gisela López Martínez e Andrea Piñeiro Fernández, ven de conseguir o subcampeonato de Campo a través zonal celebrado en Pazos de Reis este sábado 21 de novembro.

Este sábado 21 de novembro celebrouse nas instalaciòns de A Macoca en Tui a fase zonal de Campo a través de deporte escolar organizada pola Agrupación Deportiva Escolar do Baixo Miño (Agrudebam) no que participaron varios dos nosos alumnos. Destacar a actuavión das rapazas do equipo cadete feminino formado por Gisela (2°D), Anahí (2°B),  Sandra (2°B) e Andrea (2°D) que non puido correr por lesiòn. O esforzo das nosas alumnas viuse recompensado cun segundo posto por equipos. Tamén se desprazaron Àngel (1°D), Olalla (1°C) e Rodrigo (2°A) que competían de xeito individual por non ser suficientes para formar equipo nas súas categorías. Todos eles realizaron boas carreiras e despois puideron disfrutar da exhibición de mushing (canicross, bikejoring e patín) organizada pola profesora deste centro Ledicia Seoane.

Noraboa campionas!

Rodrigo, Andrea, Sandra e Gisela.      Exhibición de Alberto Pena