Skip to Content

Escola deportiva de fútbol sala

ESCOLA DEPORTIVA NOVAS PROMESAS TOMIÑO FÚTBOL SALA

O equipo de Novas Promesas Tomiño que participou este curso na competición da Federación Galega de Fútbol Sala de Vigo na categoría cadete.
O equipo, composto por alumnos deste centro, malia comezar a actividade con bastante atraso, pois o fixemos xa no mes de novembro, realizou unha tempada con moi bos resultados, logrando varias vitorias tanto en liga como na copa.
Esperamos que o próximo curso haxa máis participación por parte do alumnado do centro e podamos contar con equipos nas distintas categorías.

Noraboa aos nosos rapaces polo labor realizado.


Arriba de esquerda a dereita: Eduardo, Jonathan, Víctor, Tomás, Miguel, Diego, Daniel e Jesús.
Abaixo de esquerda a dereita: Marcos, Gabriel, Luismi, David, Andrés e Adrián.


Coa colaboración do A.N.P.A. I.E.S. Tomiño



page | by Dr. Radut