Complementarias

Concurso Odisea

50 alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego participaron no concurso online Odisea. Este ano o tema era A arte en Grecia e Roma.

O equipo Hades, formado por Gabriela Carballal Pazos e Nayeli Zamora García quedou segundo nas semifinales e clasificouse para a final en Galicia, que terá lugar o 9 de febreiro. Se gañan, participarán na final nacional.

Hai que destacar tamén a actuación do equipo Las cazadoras de Atenea, formado por Paula Viñas Lamas, Gabriela Antelo Siaba e Mencía Balado Sánchez, que quedaron terceiras de Galicia na semifinal.

O IES Plurilingüe de Ames gaña o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021

O IES Plurilingüe de Ames e o CEIP de Porto Cabeiro de Redondela gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 convocado pola Xunta de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33575

 

 

Que diría o teu epitafio?

 

 

Premio Minerva 2023

Lara Torea Suárez, alumna de 4º ESo e Carla Crespo Berdullas, alumna  de 2º de Bacharelato gañan os Premios Literarios Minerva organizados polo Colexio Manuel Peleteiro.

Parabéns!!!

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2023/03/11/lara-torea-suarez-carla-crespo-84465592.html

 

X Olimpiada de Filosofía

A alumna, do IES Plurilingüe de Ames, Olalla Redondo López, de 1º de Bacharelato, acadou o 1º premio da X Olimpiada de Filosofía de Galicia, que se celebrou o 2 de marzo de 2023 na Facultade de Filosofía da USC, pola modalidade de disertación, que implica ademais a  clasificación para a fase final da Olimpiada Estatal, que se celebrará en Canarias os días 27, 28 e 29 de abril.

Parabéns!!!

      

Olimpiada de Bioloxía

O IES Plurilingüe de Ames acadou o pase a fase presencial da Olimpiada de Bioloxía.

25 N. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

25 de Novembro. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller 2022

Vídeo de actividades e información da biblioteca

     

XXXII Olimpiada Matemática Nacional Junior

O alumno do IES PLurilingüe de Ames Xosé Asorey Rendo, de 2º ESO C, resultou gañador da XXXII Olimpiada Matemática Nacional Junior.

Parabéns!!!

 

Campionato de bádminton 1º ESO

Distribuir contido