Exposición Medievalízate II

Desde o 25 de maio podes visitar a segunda exposición Medievalízate! situada na entrada do centro e realizada polos alumnos e alumnas de 2º de ESO de Xeografía e Historia.

 
Na exposición poderás ver os escudos dos apelidos dos rapaces e rapazas e o apelido ao que corresponde escrito con caligrafía gótica.
 
Tamén atoparás unha selección de reproducións de miniaturas medievais feitas polo alumnado. Estas miniaturas foron tomadas dos seguintes códices: Bestiario de Aberdeen, Beato de Liébana, Codex Manesse, Cancioneiro de Santa María, e O libro das horas.
 
Na exposición tamén podes intentar adiviñar o significado dos símbolos recollidos nos debuxos inspirados nas laudas gremiais de Santa María de Noia, mais ten en conta que os alumnos e alumnas non representaron as súas profesións senón as súas afeccións!

E xaora, tamén hai unha sección da exposición adicada ás novidades bibliográficas relacionadas coa Idade Media.

Podes ver todos todos os resultados da investigación sobre o Ames medieval cunha chea de fotos, mapas e vídeos no museo virtual Kaleidoscape.
 
 
 
Escudos
 
Vitrina