Excursión ao Courel e á Ribeira Sacra

Os días 31 de maio e 1 de xuño, os alumnos e alumnas de Paisaxe e sustentabilidade de 1º ESO C, D e E participaron no intercambio territorial O Courel e a Ribeira Sacra organizado polo ProxectoTerra dentro do marco do Plan Proxecta.

 

Nesta viaxe os alumnos puideron comparar as paisaxes do Courel e a Ribeira Sacra coa paisaxe de Ames sobre a que fixeron un excelente traballo de investigación ao longo do curso.

 

Comezamos a nosa viaxe cunha visita ao museo etnográfico e ao museo xeolóxico, onde nos explicaron o importante patrimonio natural e cultural da zona que está en trámites para converterse en Xeoparque.

 

Logo da explicación introdutoria comezou o noso roteiro: vimos o impoñente pregamento de Campodola, pasamos polo castelo de Carbedo e á beira das cristalinas augas do río Lor, subimos ao alto do Couto, disfrutamos da incrible vexetación da devesa de Rogueira, e finalmente chegamos á lagoa glaciar de Lucenza.

 

Ao día seguinte puidemos apreciar a arquitectura de montaña en Seceda, vimos albarizas e soutos, visitamos a impresionante fervenza de Reixo, e rematamos a xornada cun relaxante paseo en Catamarán polos canóns do Sil.

 

Courel

 

 

 

Courel