Exhibition "Re-Enacting History" / Exposición "Re-Creando a Historia"

Poster

Durante o mes de marzo podedes visitar a exposición "Re-Enacting History / Re-Creando a Historia" que se atopa na entrada principal do instituto. Esta exposición foi realizada polos alumnos e alumnas da materia Geography and History e dentro do marco do Proxecto lector da biblioteca Carlos Nieto do centro. Na exposición poderedes ver magníficas recreacións fotográficas de personaxes históricas feitas polo propio alumnado, así como unha breve explicación da importancia histórica de cada personaxe. Alén disto, poderedes botar unha ollada a unha mostra da ampla colección de biografías de personaxes históricos dispoñible na nosa biblioteca. Agardamos que vos guste!