Population by continents

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia Geography and History fixeron unha investigación por grupos sobre a poboación por continentes e compartiron o resultado da investigación cos compañeiros e compañeiras da aula. A través das presentacións, xogos, bailes e catas gastronómicas puidemos coñecer mellor as características da poboación dos diferentes continentes.

 

Eva Mourón, Jennifer Canosa, Martina Frecha, Lola Iglesias, Andrea Casal e Sara Viqueira fixeron unha demostración de como se baila o hula hawaiano e deron un curso express de baila para todo o grupo.

 

 Rodrigo Binkele, Miguel Bouzas, Franklin Carrasco, Alejandro Guillermes e Nico Tajuelo fixeron unha demostración da haka, a danza de guerra maorí, que impresionou a todo o grupo.

Noelia Martínez, Iria Dopazo, Lucía González, Aldara García, Silvia Varela e Laura Castro faláronos dos diferentes ritos matrimoniais. María Hernández e Antón Gómez ofrecéronse voluntarios para que as rapazas lles colocaran os tocados tradicionais dos namorados nas vodas musulmás.

Durante as exposicións degustamos delicosos produtos, como galletas da fortuna (orixinarias de EEUU e popularizadas en China), elaboradas por Noelia Martínez; Poffertjes holandeses elaborados por María Hernández, Negrinhos brasileiros, preparados por Nico Trelles, e diferentes productos americanos traídos por Evelyn Bulmini, Nerea Fernández, Carolina Leis, Lucía López-Suevos e Elsa Vázquez.