Departamento de Grego

PROXECTO LECTOR DEPARTAMENTO DE GREGO

  •  
    • Revisión  dos fondos documentais  do  departamento  na  biblioteca  escolar  para avaliar  as  necesidades  e  adquirisición  dos  materiais  necesarios  para  garantir  a dispoñibilidade de lecturas adecuadas á idade e intereses de todos os alumnos. 
    • Exposicións  temáticas  da  biblioteca  con  eixe  temático  asuntos  relacionados  co mundo  grego  (selección  de  4/5  libros  ou  revistas  e  una  selección  de  direccións  de 
    • Internet:  en  una  mesa  exporase  o  material  elixido  acompañado  dunha  breve  reseña ou slogan para dar a coñecer a todo o alumnado os fondos da biblioteca)
    • Visita á biblioteca  para  informar  dos  libros  que  lles  poidan  resultar  interesantes  e útiles. 

DIVERSIFICACIÓN 3º ESO

- Lectura conxunta en voz alta: 

Ao  longo  do  curso  lerase  conxuntamente  na  aula  un  libro  en  voz  alta.  Os  alumnos turnaranse  e  levarán  o  libro  a  casa  para  preparar  a  lectura  que  farán  na  aula.  As 

lecturas que se farán deste xeito serán:

  •  
    • A Odisea contada aos nenos, NAVARRO DURÁN R., ed. rodeira
    • Los doce trabajos de Hércules, RIORDAN J., ed Vicens Vives

Selección de capítulos de:

  •  
    • Mitos da antiga Grecia, ROBERT GRAVES, ed Xerais
    • Las metamorfosis de Ovidio, GILLOT L., Ed Anaya

- Lectura persoal: Os alumnos lerán ao longo do curso unha novela das series:

  •  
    • Misterios romanos de CAROLINE LAWRENCE
    • Percy Jackson y los dioses del Olimpo de RICK RIORDAN

-  Participación no Proxecto Integrado  con  A de Ágora con A de Astronomía con A de Ames, en colaboración coa profesora do ámbito científico:

-  Traballo  de  investigación  sobre  a  figura  de  Hipatia  en  colaboración  coa profesora  do  ámbito  científico.  Como  materiais  de  partida  utilizarán  un  libro  e 

unha película: 

  •  
    •  
      •  
        • Hipatia la maestra, FLORENCI SALESAS, ed. Rompecabezas
        • Ágora, Dir: AMENÁBAR

-  Traballo de investigación  sobre  mitoloxía,  arte  e  astronomía:  as  principais constelacións.

- Traballo de investigación sobre a civilización romana e a romanización a partir da lectura  de  Cómics  da  colección  Astérix  e  Obélix.  Lerán  os  cómics  coa  axuda  dun 

guión de traballo.

-  Manexo  de  diccionarios  en  formato  libro  e  Internet  (de  lingua  galega,  española) para traballar con helenismos e latinismos.

-  Faranse  actividades  de  lectura  e  interpretación  de  mapas  históricos  e xeográficos do mundo grecorromano.

-  Traballo  con  artigos xornalísticos  e  de  revistas  tipo  Muy  Interesante  e  National Geographic.  Os  alumnos  lerán  os  artigos  seleccionados  e  prepararán  unha  pequena exposición de 15 minutos en voz alta.

-  En colaboración co departamento de Plástica os alumnos recollerán información dos aspectos  e  personaxes  máis  salientables  da  cultura  grecorromana  para  facer  un 

deseño de decoración da porta da aula de Cultura clásica.

- Traballo con películas de temática clásica.

1º BACHARELATO

ACTIVIDADES A DESENVOLVER TODO O ANO

-  Lectura  mecánica  diaria  de  textos  gregos  para  conseguir  fluidez  nun  sistema alfabético  diferente  do  latino  (un  mínimo  de  10  minutos  ó  principio,  algo  menos 

despois)

-  Lectura  diaria  colectiva  de  textos gregos traducidos  relacionados  coa  parte  da materia  estudiada:  Heródoto  (fragmentos  da  súa  obra  relacionados  coa  invención  da 

escritura), Apolodoro (mitoloxía) Xenofonte e Tucídides (historia de Grecia), Pausanias (descrición  de  obras  artísticas)...  Os  alumnos  realizarán  por  escrito  resumos  e 

esquemas  dos  textos  lidos  para  recapitular  os  coñecementos  e  comprobar  a  súa capacidade comprensiva 

-  Información  aos  alumnos  das  novidades  editoriais  e  cinematográficas  que poidan  xurdir  o  longo  do  curso  relacionadas  co  panorama  cultural  da  Grecia  antiga, 

novela histórica centrada nesa época...

- Uso diario dos dicionarios de castelán e galego para a definición de helenismos.

- Lectura e comentario en clase das noticias que poidan aparecer nos xornais relativas a Grecia: arqueoloxía, turismo, actualidade...

-  Lectura e comentario en clase dos artigos das  revistas  Historia National Geografic e Muy  Interesante  relacionados  con  Grecia.  Os  alumnos  prepararán  unha  pequena 

exposición  de  15  minutos  para  os  compañeiros  e  uns  breves  apuntes  coa  información 

obtido.

-  Análise  de  anuncios  e  slogans  publicitarios  que  teñan  relación  co  mundo  grego antigo (Nike, Olympus...)

-  Lectura e interpretación de mapas e atlas: xeográficos, artísticos, históricos...

-  Os  alumnos  realizarán  na  biblioteca  pequenos  traballos  de  investigación  para  que adquiran  destreza  no  manexo  de  distintas  fontes  de  información  (bibliográfica  e  na 

rede),  aprendan  a  realizar  unha  labor  de  selección  de  material  e  realicen  prácticas  de redacción e presentación de contidos.

 

1º TRIMESTRE

-  Visita  á  biblioteca  cos  alumnos  para  informarlles   dos  libros  que  lles  poidan  resultar interesantes e útiles para a materia de grego.

-    Viaxe virtual por Grecia:  Consulta da páxina de Internet do Ministerio de Turismo grego.

-  Traballo de investigación  para o primeiro trimestre:  “Unha viaxe a Grecia”  Os alumnos  terán  que  programar  unha  viaxe  a  Grecia  dunha  semana,  consultar  guías  de 

turismo  para  seleccionar  o  itinerario,  consultar  en  Internet  horarios  e  prezos  de  voos, horarios  de  apertura  dos  recintos  arqueolóxicos,  hoteis,  cámpings...e  elaborar  unha 

pequena guía de viaxe cos datos obtidos.

-  Entregarase  aos  alumnos  unha  selección  bibliográfica  de  libros  de  lecer  para  a  súa lectura nas vacacións de Nadal.  Os  alumnos  teñen  que  elixir un.  Os  libros  que  se 

proporán serán:

  •  
    •  
      •  
        • Robert Graves Mi familia y otros animales
        • El oráculo de Valerio Manfredi
        • El ejército perdido de Valerio Manfredi
        • Defensa cerrada de Petros Márkaris

Entregarase  aos  alumnos  unhas  guías  de  lectura  para  un  mellor  seguimento  e comprensión da lectura feita

Este  listado  non  é  definitivo,  dependerá  das  novas  adquisicións  que  se  fagan  na biblioteca do centro e do nivel e hábitos de lectura do alumnado.

2º TRIMESTRE

-  Viaxe virtual en Internet dos Museos gregos que ofrezan esta posibilidade. O alumno terá que seleccionar a información obtida e elaborar unha pequena guía. 

Centrarémonos sobre todo no novo e magnífico Museo da Acrópole.

-  Participación  no  Concurso  Odisea  2014.  Organízase  para  todos  os  centros  de ensino de secundaria e bacharelato de Galicia e particípase por Internet. Os equipos de 

tres  persoas  teñen  que  contestar  diariamente  a  tres  preguntas.  O  último  día  do concurso  deben  responder  a  dez  preguntas  e  coas  iniciais  formar  a  resposta  do 

chamado “preguntón”. Cada resposta acertada súmalles puntos. 

-  Traballo  de investigación  para o primeiro trimestre: Representacións na pintura e interpretacións do mito do Minotauro ao longo da historia.

-  Lectura de Semana Santa, os alumnos terán que ler algunha  obra clásica entre as  propostas.  Farei  a  selección  mais  adiante  atendendo  os  niveis  do  alumnado,  pero 

entre as posibles están as seguintes:

  •  
    •  
      • Edipo rei ou Antígona de Sófocles.
      • Medea de Eurípides
      • Cantos seleccionados ou algunha adaptación da Ilíada de Homero
      • Cantos seleccionados ou algunha adaptación da Odisea de Homero
      • Lisístrata de Aristófanes

Entregarase  aos  alumnos  unhas  guías  de  lectura  para  un  mellor  seguimento  e comprensión da lectura feita

3º TRIMESTRE

-  Viaxe virtual  en  Internet  dos  Recintos  Arqueolóxicos gregos  que  ofrezan esta posibilidade. O alumno terá que seleccionar a información obtida e elaborar 

unha pequena guía.

-  Traballo  de  investigación  para  o  terceiro  trimestre:  “A  historia  das Olimpíadas”  Os  alumnos  terán  que  buscar  información  sobre  as  Olimpíadas  na 

antigüidade, cando deixaron de celebrarse e porqué, cando se reanudaron e facer unha análise comparativa entre a antigüidade e agora.

-  Entregaranse  ós  alumnos  novas  propostas  bibliográficas  e  audiovisuais  de lectura de lecer para as vacacións de verano


Margarita Olivar Roldán