A Voltas co Corpo

Este ano comezamos o VII ciclo de Conferencias que como cada ano aborda a temática seleccionada ao final do curso anterior, en reunións informais de profesores e tamén do alumnado.  O tema elixido para este ano foi O Corpo. Varios profesores, de forma voluntaria, achéganse ao asunto proposto e abordan algún aspecto que lles resulta de interese desde a perspectiva da súa propia materia.



A actividade está pensada para os alumnos de primeiro de Bac ou de cuarto da Eso. En todo caso, preténdese romper o esquema expositivo das aulas, para que non se trate dunha lección máis. As sesións, cunha duración en torno aos sesenta minutos, constan dunha primeira parte expositiva, duns corenta, e un coloquio que se prolonga arredor dos vinte minutos. As exposicións realízanse fóra do horario lectivo, cun calendario que se concreta segundo as necesidades dos participantes.  o calendario deste ano é provisoriamente o seguinte: