Renata en ...Conguitos,Gominolas e estratexias de ligue

 

Conguitos, gominolas e estratexias de ligue

 

Onte tivo lugar a inauguración do Ciclo de Exposicións de Formación Complementaria.

Este ano o tema ao que se lle vai dar voltas é o da creatividade. Patricia Rey, a quen correspondeu a presentación da poñente da primeira sesión, destacou que ninguén máis adecuada para inaugurala que Renata Otero. Ela foi quen defendeu a necesidade de tratar este tema e, segundo a experiencia de Patricia como alumna, a profesora de Educación Plástica e Visual insiste unha e outra vez na necesidade de desenvolver a capacidade creativa que todos temos.

Tamén houbo estrea de local. Por primeira vez realizouse a sesión na Casa de Cultura. O cambio de ambiente notouse e hai partidarios inamovibles do Pazo que non acaban de ver ben a mudanza. Quedan moitas charlas por diante e xa se verá o resultado da experiencia.

 

 

A asistencia foi moi numerosa, e a intervención de Renata Otero respondeu as expectativas que ela esperta: os participantes fixeron experiencias  sensoriais con  conguitos e gominolas, realizaron enlaces inverosímiles entre palabras e deseñaron estratexias de ligue no cine. Era Renata. 

Anxo Sampedro