...en botella?

...en botella?

... en Botella?

Creada no ambiente do IES de Ames

e levada á escena

por xente que fai sorrir querendo facer pensar

DATA 3 de abril do 2009

HORA 11:00 e 12:30 da mañá

O magnate NONHEL, dono de múltiples empresas e mais do GRAN CENTRO COMERCIAL de confianza de toda a bisbarra, subvencionou a investigación dun elemento novo para poder enriquece-la auga, sen cambia-lo seu sabor nin o seu olor. O mecenas NONHEL estivo supervisando os traballos dos químicos Fidalgo & Neira e a bióloga Smyth para xuntos descubrir un elemento novo, que lle dá distinción e nome á auga a vender: DECISIONIL.

E máis aínda: NONHEL tivo a esperanzadora idea de que cada botella vendida publicite á venda de Augas Decisionil da empresa Nonhel en países do terceiro mundo. E, desta maneira, rematar coa falta de auga na Terra.

Os alumnos do IES de Ames, orgullosos dos seus profesores, convídanos á presentación desta distinta auga, no GRAN CENTRO COMERCIAL NONHEL.

Abramos ben os ollos porque nunca se sabe por onde algúns levan a auga ó rego