FILONEXOS: OS ENIGMAS DA FILOSOFÍA

 

Para colaborar co plan lector do centro, comezamos unha serie de xogos, a través dos que poderás establecer relacións entre diferentes feitos históricos. Todos eles fan referencia a diferentes épocas da historia da filosofía, a literatura, a música, as matemáticas, a física... En fín ao coñecemento humano, que non é máis ca un todo, un entramado de relacións que fan configurando o noso modo de entender o mundo. Cada enigma levarache por sendeiros que se bifurcan e volven a atoparse, conformando un laberinto de coñecementos que, quizais, algún día che serán útiles. Para dar a solución a cada un destes enigmas terás que, ademáis de dar coa resposta, ser capaz de describir o proceso que che levou a atopala, porque tan importante é a viaxe como o punto de chegada. Atrévete a saber!

Para xogar con nós, debes dirixirte ao blog FILONEXOS, onde atoparás probas, enigmas e desafíos intelectuais:

http://filonexos.blogspot.com/