Nenos soldados



 

 

Os nenos e a guerra:
os nenos soldado



Os nenos son sempre o elemento máis débil e, polo tanto, o que máis perde sempre en calquera conflicto: cando as estructuras que os deberían protexer desaparecen (a familia, a comunidade, as institucións sociais, o Estado...), os nenos quedan desamparados,sos, condeados a valerse por si mesmos e a buscar non morrer de fame ou frío.

E sen embargo este é o panorama máis optimista! En moitos dos conflictos que agora mesmo seguen activos no mundo, os nenos son obxectivo especial para os grupos armados: por un lado poden ser eliminados como calquera outro inimigo máis (isto é, coa mesma crueldade e eficacia militar coa que se executan a soldados e civís), e por outro lado poden ser aproveitados como man de obra escrava para a guerra, como cegas máquinas de matar, como escravos sexuais..., en fin, como nenos soldado.

Que é un neno soldado?
Segundo a UNICEF todo menor de 18 anos integrado nunhas forzas armadas, sexan gubernamentais ou non, facendo tarefas como a loita en combate, a colocación de minas e explosivos, tarefas de espionaxe,cociña, escravitude sexual... As razón polas que estes nenos chegan a esta situación son moi variadas: a incorporación voluntaria é frecuente para moitos nenos orfos que buscan no exército a protección do grupo, que lles ofrece comida, diñeiro, poder...: “
Na nosa cultura, ser parte dunha comunidade é moi importante, e ter unha familia é fundamental. Cando eu perdín a miña, o exército convirtiuse na miña nova familia. O comandante era a figura paterna,e os outros nenos soldado os meus irmáns”.

Pero o máis habitual é que o reclutamento sexa forzoso: nenos secuestrados tras un ataque militar á súa aldea ou simplemente mentres xogan á beira da carretera. Unha vez que son arrincados do seu mundo, a súa “formación” militar é rápida: facilmente manipulables, imitan os comportamentos violentos dos maiores, e o consumo de drogas acentúa a súa agresividade.



Ser un soldado non é difícil: ou te acostumas ou te matan. O medo duraba un día. A droga aturde as emocións: marihuana, alcohol,pastillas, cocaína, heroína, ocaína misturada con pólvora... Eu adoitabarestregarme pólvora nos ollos. Calquera que me vira nese estado sabéría que ninguén podía ser o uficientemente valiente como para poñérseme diante.

 

Os asaltos, asasinatos, violacións, torturas, que estes nenos presencian, viven, e mesmo cometen, fai que sexa comprensible a dificultade que supón para estes nenos a reincorporación á paz e á vida civil.O máis duro non é matar, senón volver a ser ti mesmo despois de ter feito o que fixeches.



Cantos son? Onde se atopan? Os cálculos das organizacións que como Unicef, Save the Children ou a Coalición internacional para acabar coa utilización de nenos e nenas soldadodan falan de entre 300.000 e 500.000 nenos soldado, e deles entorno ó 40% son nenas. Non é sorprendente se vemos en cantos conflictos se constata a súa utilización: recurren a eles os gobernos de Burundi,República Democrática do Congo, Guinea, Liberia, Myanmar, Sudán e Uganda; as milicias progubernamentais de Colombia, Somalia, Zimbabwe;grupos armados paramilitares de Afganistá, Chechenia, Colombia,India, Laos, Nepal, Sri LAnka, Yemen...

As zonas máis conflictivas e que máis recurren a esta explotación infantil son as de África:

As principais zonas en conflicto coinciden sospeitosamente con aquelaszonas máis ricas en xacementos de recursos como os diamantes, o
ouro, o cobalto ou o coltán (este último carísimo e esencial na producción dos móbiles e ordenadores que consumimos no mundo occidental!), e que son disputados por varios países: as fronteiras entre a República Democrática do Congo e Uganda, Ruanda e Burundi,e tamén Zimbabwe, manteñen conflictos moi virulentos dende os 90,igual que na África Occidental nos territorios de Serra Leona,Liberia e Costa de Marfil, con
xacementos tamén de diamantes e ouro.E a estes conflictos polos recursos se unen tamén aqueles de carácter étnico, como as matanzas entre hutus e tutsis en Ruanda e Burundi, ou aqueles outros que teñen que ver cos valeiros de poder,como o máis pobre Corno de África (Somalia e Etiopía). En calquera destes combates loitan nenos de apenas 10 e 12 anos.


Outra da zonas de conflicto onde as ONG’s antes mencionadas teñen comprobado o reclutamento forzoso de rapaces é Colombia, non propiamente no exército estatal pero si en grupos paramilitaresafíns ó goberno ou ben nas guerrillas de oposición como as FARC,podendo elevarse o número ata máis de 11.000 menores.

Tamén sabemos que os menores se ven implicados en outros conflictos de carácter étnico e/ou relixioso como os que se manteñen en zonas como Afganistán, Sri Lanka ou Myanmar.


E que se pode facer para loitar contra a utilización de nenos soldado?En primeiro lugar é necesario o establecemento de normas e protocolos internacionais que lexislen sobre a protección dos dereitos dos nenos, e que sexan de obrigado cumprimento, como pode ser o establecemento en 1998 por parte da Corte Penal Internacional de que o reclutamento de menores de 15 anos sexa considerado crimen de guerra. O complicado é que estados mergullados nunha situación de guerra poidan e queiran facer cumprir esta lexislación internacional.

De todos xeitos, o máis urxente é
ocuparse dos nenos unha vez que o grupo armado teña consentido a súa desmobilización: para isto póñense en funcionamento programas
DDRR (desarme, desmobilización, reintegración e rehabilitación)
.Identificar ós nenos e localizar as súas familias é prioritario, pero logo o proceso de reintegración e rehabilitación é máis lenta, e a longo prazo: proporcionar educación, formación laboral,apoio económico e en moitos casos proporcionar tamén apoio psicolóxico.


Cada vez penso menos en que matei e fixen o mal. Fago exercicio tódolos días porque quero ter un corpo forte e unha mente sana para gustar máis ás chicas. Axúdame a relaxarme e a ser menos agresivo. Xa non soño cos combates. Se estoupase unha nova guerra, fuxiría do país o antes posible. Aínda sei manexar unha arma, pero espero non ter que usala xamais.

Claudio Rodiño