¿Que pasa no Kurdistán?

¿Que pasa no Kurdistán? 


En primeiro lugar, non existe! Non existe como estado recoñecido, malia que case 30 millóns de kurdos vivan no seu territorio situado entre as montañas de Anatolia e os montes Zagros, onde nacen o Tigris e mailo Éufrates. Viven a cabalo das fronteiras de catro países, como resultado dos tratados de paz e reparto cos que acabaron a primeira e a segunda Guerra Mundial: Irán, Irak, Siria e, sobre todo,Turquía.

O peso demográfico que os kurdos teñen nestes países é moi importante: 15 millóns en Turquía (o 20 % do total da población turca), 5 millóns en Irak (o 25 % da población iraquí), 8 millóns en Irán (o 17 % dos iraníes) e medio millón en Siria.Que recoñecemento teñen dentro destes estados? Escaso ou nulo: en Irán se lle permite certa autonomía dentro dunha zona moi limitada e en Irak recoñécese o kurdo como lengua oficial, pero o normal é que se ignoren os seus dereitos como pobo; en Turquía so deixou de estar prohibida a lingua kurda no 2002 e son numerosos os presos políticos kurdos nas cadeas turcas, sirias e iraníes; e masacres como a que en 1988 levou a cabo Alí o Químico, xeneral iraquí, que envenenou con gas mostaza a varios miles de kurdos no contexto da guerra con Irán son ejemplo do sometemento do que está considerado como o maior pobo sen estado.Por que non permitirlles o seu autogoberno? Por cuestións religiosas ou étnicas?

As razóns económicas son máis poderosas; ao peso demográfico que antes mencionamos hai que engadir o petróleoreservas hídricas nunha rexión especialmente árida, o que fai que a producción agrícola (por ejemplo cerealística) sexa moi importante. Quen querería renunciar a isto? e a auga. O 100 % do petróleo turco está en territorio kurdo, igual que o 100 % do sirio, o 70 % do iraquí e o 20 % do iraní. E os macizos montañosos de Taurus e dos Zagros son importantes.

Ademais, a fragmentación do pobo kurdo entre tantos estados se acentúa aínda mais coa diáspora (calcúlase que máis de un millón de kurdos viven no exilio en Europa, sobre todo en Alemania) e coa fragmentación política dos seus representantes, pois en cada zona diferentes líderes e diferentes grupos políticos se arrogan esta representación. De todos eles, o máis importante é o PKK (Partido do Traballadores do Kurdistán), de orientación marxista, ilegal en Turquía e considerado terrorista polos EE.UU. e a UE.

 

Claudio Rodiño