¿Que pasa en Afganistán?

 

 

¿Que pasa en Afganistán?


Baixo a ocupación soviética nos anos 80’, os movementos muyaidíns de resistencia apoiados polos EE.UU. e baixo a bandeira do islam conseguiron expulsar ás tropas rusas en 1989; pero a principios dos 90’ vivíuse unha etapa de guerra civil e fragmentación territorial, na que os señores da guerra controlaban os seus espacios.


Será entre 1994 e 1996 que os talibán, unha facción ultraintegrista islámica, consiga volver a unificar case todo o territorio, impoñendo un estado rexido pola sharia (a lei islámica).

O atentado contra as Torres Xemelgas no 2001 fai que EE.UU dirixa cara ó estado talibán, acusado de protector cos terroristas de Al Qaeda, as súas forzas armadas na operación “Libertade Duradeira” iniciando unha guerra que dura ate hoxe


O control do territorio por parte de estadounidenses , así como das outras tropas internacionais que forman a ISAF (entre elas as tropas españolas acantonadas en Herat que xa levan máis de 90 mortos!) non é total, e apenas a capital, Kabul, se pode considerar máis ou menos pacificada.Ao frente do goberno que substitue ós talibán está, co apoio occidental, Hamid Karzai,  de etnia pahstún, maioritaria no sur do país. Á volta ós mecanismos democráticos (Parlamento, Constitución) acabou cos extremismos integristas talibáns (burka, discriminación da muller...), pero realmente a democracia non está asentada: territorios fragmentados outra vez, forte presenza da guerrilla talibán que ten no cultivo e comercio do opio unha importante fonte de ingresos, descontento popular pola presenza de tropas estranxeiras, atentados contra as mesmas e contra o goberno de Karzai acusado de traidor... Buscade no xornal: tódolos días temos noticias de Afganistán!!!

 

Claudio Rodiño