blogue dejfidalgo

Viaxe a Londres 2012

Un ano mais, e van 6, o alumnado da Sección Bilingüe de 3º da ESO está a participar nesta viaxe lúdica-académica (do 22 ao 29 de Xuño) acompañados polas profesoras Pilar Tobar, Chus Boo e o profesor Quico Bouza. 

Despedida do alumnado de 2º de bacharelato (Promoción 2006-2012)

Xa están subidas a youtube as videofotografías do alumnado da promoción 2006-2012 que rematou os estudos no centro este ano.

Aquí tedes os enlaces:

http://youtu.be/CrPoE4AOX8E

Campus científicos de verán 2012

Resolta a convocatoria dos Campus Científicos de Verán 2012, foi seleccionado o alumno DAVID RODRIGUEZ ACEVEDO, de 4º ESO A, para participar nun campus de verán 

: "Diseño y construcción de microrobots", que se desenvolverá na Universidade Carlos III de Madrid, do 15 ao 21 de Xullo.

Parabéns.

Beatriz Adán, premiada no concurso de relatos "A Ciencia que Conta"

Parabéns a Beatriz Adán por conseguir un dos 5 premios do concurso "A Ciencia que Conta" polo seu relato "Fisión na memoria".

Parabéns a aqueles que verán publicado o seu relato e a todos/as que participaron no concurso.

Os relatos que se publicarán son:

Unha cuestión de densidade (Antía Freire)

Fisión na memoria (Beatriz Adán)

Eureka! (Lucía Cadarso)

Auga marciana (Manuel Seoane)

Case todos os homes morren das súas medicinas e non das súas enfermidades (Pablo Queiruga)

Relatos na soidade (Patricia del Castaño)

"Física de partículas no Instituto: ¡Investiga co LHC!"

8 dos nosos alumnos e alumnas asistirán o vindeiro 15 de Novembro a unha xornada sobre Física de Partículas na Facultade de Física. De 9:30 a 18:00 coñecerán de primeira mán o funcionamento do LHC e analizarán algún dos datos obtidos nos aceleradores de partículas do CERN. Ademáis, terán a oportunidade de interactuar con outros compañeiros e compañeiras do resto de España para aportar os seus resultados.


Para mais información: http://www.i-cpan.es/eso/

Viaxe a Londres 3º ESO

Como xa é habitual nestas datas, o alumnado dos grupos bilingües de 3º da ESO realiza a viaxe a Londres. Este ano, a 5ª edición desta actividade, será do 22 ó 28 de Xuño. O grupo de 23 alumnas e alumnos vai acompañado polas profesoras Chus Boo (Física e Química) e Paz Peña (Bioloxía e Xeoloxía).


Agardamos que aprendan moito ó tempo que o pasan ben. Boa viaxe!


Arquímedes no Balneario do Tremo

Coa intención de rematar o curso dunha maneira relaxada, despois do stress dos exames, e aproveitando os contidos que se estaban a tratar na clase, alumnos e alumnas da Sección Bilingüe de 4º de ESO foron ó balneario do Tremo o Martes, 21 de Xuño.


Durante a actividade, aproveitamos para explicar e entender "dende dentro da piscina" que lle levou a Arquímedes a descubrir o seu famoso principio. Por suposto, e a diferencia de Arquímedes, ninguén correu espido gritando "Eureka".


Unha boa despedida de fin de curso.

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO 2011

Resolta a convocatoria dos Campus Científicos de Verán 2011, dúas alumnas e un alumno do noso centro foron seleccionados para participar nesta edición.

4º ESO: IRENE ADÁN BARRIENTOS. Campus Andalucía TECH. Proxectos: "Genética: del laboratorio a la sociedad" (4-8 de Xullo) ; "Computación inteligente con organismos vivos" (11-15 de Xullo)

1º BAC:

1º PREMIO OLIMPIADA QUMICA PARA ESO. PROXECTO INTEGRADO

O proxecto "CIENCIA E LECTURA" realizado por alumnado de 4º de ESO e coa participación dos Departamentos de Física e Química, Cultura Clásica, Tecnoloxía e Inglés, resultou gañador na III Olimpiada de Química para Alumnos de ESO, dentro do apartado "Proxecto Integrado".

Queremos agradecer ó alumnado a súa participación, e convidalos ó acto oficial de entrega do premio, que será realizado en data aún por confirmar.

 

Distribuir contido