Normas

Normas de uso da BIBLIOTECA

 

 NORMAS DA BIBLIOTECA

1.- Só se poderá acceder á biblioteca nos períodos que estean atendidos por un profesor. Os profesores poderán acudir co seu alumnado.

2.- A norma principal da biblioteca é o silencio. Non se poderá comer nin beber nela. Non se permitirá a estancia dos estudantes sen material de lectura ou estudo. Ignorar estas normas pode supoñer a perda do dereito de asistencia á biblioteca.

3.- Os préstamos faranse nos períodos de recreo. Os usuarios collerán dos andeis os libros e pasarán pola mesa do profesor para que proceda a fichar o préstamo

4.- O préstamo estará informatizado (os estudantes deben saber o número de lector). Poderanse solicitar como máximo dous préstamos ao mesmo tempo.

5.- A duración do préstamo será de dez días naturais, contando o día que se realiza e o día da devolución. O retraso ata unha semana na entrega levará consigo unha sanción de 1 euro. Retrasos superiores a unha semana conlevarán a perda do dereito a préstamo. Os fondos non devoltos ou devoltos con graves deterioros serán aboados ou restituídos.

6.- Quedan excluídos do préstamo as enciclopedias, atlas, dicionarios e publicacións seriadas, que serán de uso exclusivo na sala da biblioteca, se ben o acceso destes materiais é libre.

7.-  Os usuarios poderán acceder libremente os fondos da biblioteca, unha vez utilizados deberán depositalos na mesa do profesor.

8.- Como norma xeral, en horario de clase o alumnado non poderá acudir á biblioteca sen profesor, salvo para a realización dalgunha tarefa escolar e contando coas autorizacións do profesor e do encargado da biblioteca nese momento.

10.- En ningún caso se utilizará ningún dos espazos da biblioteca como lugar de concentración de alumnos expulsados.

11.- Se algún profesor de garda quere enviar os estudantes á biblioteca, deberá facerse responsable deles e permanecer con eles na biblioteca, sempre e cando non estea ocupada con outras actividades.

12.- Para calquera uso da biblioteca non contemplado nas normas anteriores deberá contarse coa autorización dos profesores encargados da biblioteca.

O EQUIPO DA BIBLIOTECA

Distribuir contido