Solicitude do título de bacharelato
Para a obtención do título de bacharelato é imprescindible proceder co pagamento de taxas
Pagamento das taxas do Título de Bacharelato
O pagamento debe realizarse a través da seguinte ligazón:
https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/
11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue
Pinchando en INICIAR TAXA xérase un impreso de autoliquidación de taxas que debemos ir cumplimentado.
Nos DATOS DA TAXA debe seleccionar:
Consellería: CULTURA, EDUCACIÓN, FP E UNIVERSIDADES
Delegación: VIGO
Servizo: ENSINO MEDIO
Taxa: EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS POLA LOE E OS SEUS DUPLICADOS
Obxecto de pago: p.e. TÍTULO DE BACHARELATO DE (nome)
DATOS DE PAGO: 54 taxa xeral, 27,03 familia numerosa e 0 familia numerosa especial.
A continuación, cúbrense os datos persoais, e unha vez finalizado o proceso, aparecen dúas opcións: PAGO TELEMÁTICO (se realiza o pago con tarxeta) ou DESCARGAR MODELO PRESENCIAL (se imprime e realiza o pago na entidade bancaria).
MOI IMPORTANTE:
- A data de pagamento debe ser posterior á data de publicación das cualificacións da avaliación final (peche de actas por parte do centro educativo).
- En caso de realizar o pago telemático: deberase retroceder ao apartado Cidadáns-Pago de taxas e prezos-Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730-731. A aplicación, no momento do pago, xera un recibo de pago con tarxeta; en ningún caso este recibo será xustificante de pago das taxas (de feito en dito recibo non consta o obxecto de pago da taxa), o que debe presentar no centro educativo é o modelo 730-731 que se descarga como se explica anteriormente.