Último día do 2º trimestre

 

Con motivo do "Día mundial da auga", no noso Instituto, en colaboración con UNICEF, tivo lugar unha carreira cos alumnos/as de 1º e 2º de ESO. A finalidade foi recoller fondos para a construcción e potabilización de auga en Níger.

 

            

Os alumnos/as de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato, participaron nun campeonato de fútbol-sala no Salón de actos do noso centro.