Marcos Rodríguez Pantoja



Por iniciativa do Departamento de Filosofía, puidemos contar coa presencia no noso centro de Marcos Rodríguez Pantoja, o “neno lobo de Serra Morena”. Maltratado pola súa  madrasta de pequeno foi entregado a un  cabreiro que morreu cando Marcos contaba con só sete anos. A súa fuxida ao monte levoulle a vivir cunha manda de lobos durante once anos, cos cales sobrevive grazas ás destrezas adquiridas durante a súa vida anterior ao abandono e a súa enorme intelixencia natural para adaptarse na súa vida cos animais.

 Mostrounos a linguaxe dalgúns animais, como facía música con elementos naturais, o seu primeiro contacto cos lobos, … así como, contou a súa mala experiencia coa sociedade humana ao seu retorno da vida salvaxe. Da súa experiencia fíxose unha longametraxe “Entre lobos”, varias novelas e algunha tese doutoral.

O que máis impresionou ao alumnado de Marcos foi a súa humanidade, así como, o seu amor pola natureza que transmitía en cada xesto e en cada palabra. Podedes atopar máis información sobre Marcos seguindo aquí a presentación que se utilizou para ilustrar o seu relato. A actividade foi orientada aos alumnos de bacharelato que remataran o tema de Antropoloxía e a outros grupos interesados na súa experiencia vital.