Skip to Content

Primeiro premio no concurso de carteis das Letras Galegas 2019


A exposición que presentou o grupo de traballo do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo resultou gañadora, na categoría B (dirixida á educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e centros de ensinanzas especiais), do concurso escolar conmemorativo das Letras Galegas 2019 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A colección de carteis inspirada no escritor Antonio Fraguas Fraguas ilustrará o Día das Letras Galegas de 2019 en preto de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, bibliotecas, centros de estudos galegos, centros da emigración etc.). Ademais de ser impresa e posteriormente distribuída, irá acompañada da guía didáctica explicativa correspondente, co obxecto de fomentar a figura do autor homenaxeado entre a cidadanía.

Parabéns a todos/as os que participaron no proxecto!!



page | by Dr. Radut