Visita a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo

No mes de decembro os alumnos/as de  1º e 2º de Bacharelato (Bioloxía e Xeoloxía) visitaron a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo. O obxectivo da visita foi unha charla explicativa e  visionado dos espectaculares exemplares de minerais que alí se atopan, seguida dun taller interactivo teórico-práctico donde os alumnos aprenden a identificar os minerales máis comúns a partir das súas propiedades físicas, así como a súa clasificación, usos…
Posteriormente asistiron a charlas sobre saídas profesionais e desenvolvemento de magníficos traballos de investigación que se están a realizar en dita Escola